2 de febrero de 2011

Saída a Meilán

Hoxe os pais de Claudia de 2º EI, colaboraron connosco e abríronnos as portas da súa granxa en Meilán, polo que lles damos as grazas por axudarnos a aprender con eles e porque mentres medramos, gozamos coa vosa compaña.

Nesta granxa poidemos ver moitos animais como vacas, galiñas, coellos, porcos e ovellas. Vimos como comían e saltaban emocionados pola nosa presenza. Os nenos e nenas de Infantil divertímonos moito dándolles de comer ás galiñas e vendo moi de cerca todos os animais. Aprendimos o que comen e como son, pero en vez de velo en fotos, tivemos o privilexio de poder estar con eles e até ulilos (algúns non olen moi ben...!).

vacas 2
o povo
coellos
ovellas
vacas marelas
avoa
pitas


Logo de ir descubrindo o entorno da granxa, déronnos un almorzo moi moi rico que nos encantou e aínda tivemos tempo de xogar na randeeira, no tobogán, no quad... en definitiva, pasámolo xenial!Moitas grazas por gozar con nós!

Inés
xogando

5 comentarios:

  1. As nenas e nenos pasarono xenial.
    Gracias á familia de Claudia por este día tan bonito.

    ResponderEliminar
  2. Pois a min tamén me contaron que o pasaron xenial!!!

    ResponderEliminar
  3. Que ben que fagades cousas como esta que enriquecen tanto aos nosos nenos.

    ResponderEliminar
  4. Alberto: Creo que estas cousas axudan ao enriquecemento dos nenos, xa que a vida no campo ensínanos unhas cousas que a cidade non. Meus parabens.

    ResponderEliminar
  5. Ola, somos Inés e Alberto, os pais de Claudia. Moitas grazas por todos os comentarios, tan só dicir, que nós gozamos tanto ou máis que os nenos e nenas que nos viñeron visitar. Foi moi emocionante e á vez divertido ver aos nenos e nenas coñecer e aprender do noso entorno coa nosa compaña. Recomendámosvos a todos os pais e nais que aproveitedes a oportunidade que temos de estar con eles, de colaborar, aprender e compartir con eles, xa sexa o noso entorno, os nosos coñecementos, as nosas cualidades... porque é moi gratificante poder participar na súa vida escolar.

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!