26 de febrero de 2011

Preparando o Entroido

Antroido04_023
A semana que ven iniciamos as actividades de entroido previas á festa do Venres. En Galén esta é unha das festas máis gozadas e esperadas por todos e todas, tanto profesorado como alumnado e familias. En infantil adicamos a sermana enteira á súa preparación: decorados, disfraces, coreografías, obradoiros de cociña, ensaios, etc....
Este ano a festa xira en torno á productora de filmes Disney e convidámosvos a todos e todas a acompañarnos o venres cos vosos disfraces xa que nos fai moita ilusión ver que participades tamén da festa.
Os nenos e nenas de educación infantil representaremos unha escena da película de debuxos "101 Dálmatas" e contamos coa estupenda colaboración de rapazas e rapaces de 4º ESO aos que queremos agradecer especialmente a súa sempre boa disposición a colaborar con nós.
Así que xa vedes, esta semana que vén temos un montón de actividades:

*O luns pola mañá veremos a peli "101 Dámatas" e pola tarde teremos un Obradoiro de Caretas.
*O martes pola tarde teremos un obradoiro un pouco máis especial xa que contaremos coa colaboración de varias mamás e papás. Será un obradoiro de maquillaxe e peiteados. Se queredes apuntarvos aínda estades a tempo de falar coas nosas profes o luns. Será xenial, e xa sabedes a ilusión que nos fai que veñades ás aulas.
*O mércores teremos obradoiro de cociña especial entroido.....sorpresa!!! xa vos levaremos a proba!!
*O xoves obradoiro de complementos e ensaio xeral para rematar o venres coa gran festa de disfraces que empezará ás 15:30 e rematará ás 16:45 e á que estades todas e todos convidados.
Na festa tamén contamos con unha cafetaría que organizan os rapaces e rapazas de 1º BAC para recadar fondos para a viaxe de fin de curso, así que xa sabedes... primeiro espectáculo, baile de entroido e finalizar a tarde degustando algunhas das lambonadas que os compañeiros e compañeiras preparan e compartilas xunto con un café ou refresco coas outras familias na cafetaría.

POis xa vedes cantas cousiñas nos esperan esta semana que entra. Xa vos contaremos tamén no blog como foi e poderedes ver as fotos.
QUE EMPECE A FESTAAAAAAA!!!!!!!


A foto que inicia esta entrada é do Antroido 2004 que adicamos ao circo e ademais sacamos ás rúas de Lugo nas comparsas do sábado de entroido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!