13 de mayo de 2015

Semana da ciencia 2015: Experimentamos coa auga

As nenas e nenos de 1º EP tamén participamos na Semana da Ciencia 2015  que celebramos no cole a última semana  de Abril na que participamos todos os grupos do cole dende infantil ata 2º de bactharelato. E nós fixémolo cun experimento sobre o ciclo da auga.
Primeiro vimos como era o ciclo da auga, as distintas fases e como a auga ía pasando por distintos estados.
Pareceunos boa idea montar na aula un mini ciclo da auga. E.....como podíamos facelo?
Ocorréusenos  que cun recipiente, un pouco de auga e plástico transparente podiamos facelo, pero faltabanos un elemento fundamental : a calor do sol e ....a ventana sería un bo lugar.

E.... porque non probamos a "contaminar a auga" e meter unha planta dentro, a ver que pasa??
Na clase había diferentes hipóteses, había quen pensaba que a planta morrería e outros pensaban  que non.
Pois mans a obra!!! Collemos un recipiente de plástico, para ver ben o que ocorría, despois botámoslle auga con colorante dentro introducimos unha maceta cunha planta ben verde e cubrímolo con filme transparente e  por último deixámolo na ventana ao sol.
E que ocorreu???

foto 1
foto 2
foto 3



Pois... a auga estaba transparente... limpiña!!


foto 7
foto 8


Ademais, despois montamos na exposición conxunta do corredor o noso experimento para que o resto do cole o puidera ver.
Por parellas fomos saíndo a explicar o proceso e as conclusións ás que chegamos. Foi moi agradable ver o interesados que estaban os demais alumnos e alumnas do centro, e tamén os profes...
Algúns e algunhas tivemos que vencer o nos medo a falar en público, outros tivemos que deixalo para o día seguinte para estar máis seguros, a outros encantounos ter tanto público...Pero todos e todas tivemos a oportunidade de ser científicos e científicas por unha semana.

foto 9



Por suposto, tamén puidemos observar e probar os experimentos dos demais.


foto 10
foto 11
foto 12




Canto nos divertimos coa Ciencia!!

11 de mayo de 2015

Visita Álvaro e Carmen, papás de Cayetana

Ola!!! Os Dinosaurios estamos a traballar, entre outros proxectos, o corpo humano. Comezamos, coma sempre por escribir o que sabemos e o que queremos saber... e logo de traer libros moi moi interesantes... lembramos que Álvaro é médico e Carmen farmacéutica, así que ....convidámolos a vir contarnos cousas sobre o corpo.
Comezamos por falar das partes do corpo: cabeza, tronco e extremidades, logo falamos dalgúns órganos importantes e das súas funcións, por exemplo, o corazón, cuxa función é a de bombear sangue ao corpo, repartindo así (entre outras) o osíxeno que precisamos para vivir, ou os pulmóns... e para escoitar os latexos do corazón e o son da nosa respiración empregamos un fonendoscopio, así, podemos escoitarnos os nosos corazóns, mirade, mirade...
Visita papás Caye 1
Para coñecer e situar mellor os órganos Álvaro e Carmen empregaron a "Pepe" o noso maniquí de anatomía que nos amosa o corpo dende diversas perspectivas e nos permite facernos unha idea máis aproximada ao que somos en realidade e de que estamos feitos... unha viaxe marabillosa da que vos deixamos algunhas fotos nas que podedes ver como empregamos o otoscopio (serve para ver o oído)
Visita papás Caye
e... tivemos unha experiencia super-emocionante! Carmen sacoulle sangue a Álvaro e nós puidemos ver o proceso dende que se saca a sangue até como se analiza ou se ve no microscopio ou coa lupa.

Visita papás Cayetana 2
Como vistes a tarde estivo chea de información que absorbimo con emoción e moitas ganas, ademais de moita diversión coa actividades taaaan xeniais que fixemos con Carmen e Álvaro, a quenes que queremos dar as grazas pola súa colaboración, facilitándonos a tarefa de investigar e amosarnos o corpo desde moi diversas perspectivas!!!

 Biquiños mil para todos e todas, a Clase dos Dinosaurios.

6 de mayo de 2015

Comedor Abril!!!

Xa case case viñemos todos os papas e mamas a comer!!!!

 Os nenos e nenas que aínda non tivemos ás nosas familias  connosco estamos agardando ese día moi emocionados e emocionadas!!

 Recordade que aínda estades a tempo!! Tendes o mes de maio para poder vir a gozar da nosa compaña e saborear a comida que tanto nos gusta!!

En xuño sempre temos moitas cousas que facer e as nosas profes teñen moitas sorpresas preparadas así que vide pronto!!!!

 Aquí tendes aos papás e mamás que viñeron ao longo do mes de abril.... ¿¿ Que vos parece?? ¿Gustouvos a experiencia?? Estaría xenial contar co voso comentario no apartado adicado a elo nesta entrada....abaixo abaixo.....
Contádenos que vos pareceu!!!


Comedor Aroa


Comedor Rebeca


Comedor Adriana


Comedor Gabriela


  Esperámosvos!!!!

                                                                     Ata entón.... Mil bicos.

26 de abril de 2015

Almorzos saudables


En 1º e 2º de EP, o pasado día tivemos unha visita moi especial:  a tía Enriqueta, a súa sobriña e a doutora Alimentos.

foto 1

Contáronnos como tiñamos que almorzar: lacteos, cereais, froita ou zumes, torradas.....
A tía Enriqueta era unha muller mooooi presumida e moi ben alimentada, pero un pouco desmemoriada!

foto 2

Tamén sabemos que un bo almorzo fai que logo esteamos toda a mañá con moita enerxía, para ler, escribir, pintar... e tamén para xogar no patio.
A tía Enriqueta traía un paraugas, pero non era para a choiva!.... era un paraugas que tiña pintados alimentos, verduras e froitas; peixe, carne e ovos; leite e manteiga, e tamén pasteis e madalenas. Pero non podemos tomar a mesma cantidade de todos os alimentos: moita froita e verdura e poucos pasteis!


foto 3


E... a o final, un bo almorzo!

foto 4
foto 5

foto 6
foto 7
foto 8
foto 9


Bo proveito!

23 de abril de 2015

Sementando o trigo

As nenas e nenos de 1º de EP saímos ao horto a sementar o trigo.
Antes da sementeira veu Alberto, o papá de Claudia de 3º EP, a fresar a terra, e quedou perfecta!
Escollemos un lugar no horto, onde nos parecía que lle ía dar ben o sol.

foto 1

Despois, vimos como eran as sementes de trigo, a súa forma, o duras que eran, e ate probamos para ver que sabor tiñan. Estaba moito mellor o pan!


foto 2


Preparados e preparadas!! Collemos un puñadiño cada un e botámolo á terra, procurando repartilo ben, para que naceran as plantas en todo o terreo.

foto 3
foto 4
foto 5
foto 6
foto 7



Ao rematar, cubrimos a terra cunha tea para protexelos dos paxaros, que lles encanta o trigo!

foto 8


Uff, que traballo tan duro!