21 de abril de 2014

Obradoiros internivelares: Música e Expresión Corporal


O gusto pola música e a nosa capacidade para expresarnos é algo moi importante no noso crecemento, tanto físico coma emocional. É por iso que este curso temos un obradoiro adicado a esto nos obraodiros internivelares dos que xa vos falamos algunha vez.
As tardes dos luns cociñamos, o seguinte luns imos ao horto e o seguinte a música e expresón corporal mesturados os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria. Para nós é unha  tarde un pouquiño máis especial se cabe.

 Cada sesión do obradoiro comeza do mesmo xeito: ao ritmo de música animada imos entrando en calor dende os nocellos ata o pescozo, preparando así o noso corpo para os xogos que realizaremos. E para mostra, as seguintes imaxes...
Obradoiro Música e E.C. 1
 
Ufff logo do quencemento os xerseis e chaquetas sobran!

Xa estamos listos e listas para a sesión na que alternamos actividades dinámicas con xogos máis relaxados. Os nenos e nenas aprendemos moitas cousas por imitación, representando o que vemos, por isto sempre acostumamos a facer  algún xogo no que somos animais: ssssserpess que ssse arrassstran polo chan, grandes elefantes que se moven de xeito pesadooooo, rápidos e áxiles leóns que avanzan pola selva, tranquilas e cómicas galiñas "Cocorocoooo".
Tamén podemos ser sementes que cunha pouquiña auga medran e se converten en marabillosas flores, árbores que abanea o vento, ondas que se axitan nunha treboada, enormes montañas que  quedan moi moi quietas... Logo somos de chocolate e como vai taaaanta calor... pois claro, derretémonos.

TODO VALE sempre e cando sexa divertido!!! Mirade que posturas!

Obradoiros Música e E.C. 2

Tamén temos moi en conta as nosas emocións... que importante é ser quen de expresar como nos sentimos e facer partícipes aos demais! 
 Así en todas as sesións tamén temos un oco para traballar estas emocións coa expresión corporal que lles corresponde. Facemos xogos nos que temos que representar unha acción ou situación na que xorde un sentimento e os demais teñen que adiviñala e ademais representala:  dende o susto e a sorpresa... ao medo, o enfado, a ledicia ou a tristura, todas elas emocións básicas que nos invaden de cando en vez e que debemos aprender a ver e atender no momento no que xorden, tanto en nós mesmos coma nos demais.

Todos estes xogos axúdannos a aumentar a nosa capacidade para empatizar co resto da xente que nos rodea, para entender aos demais e convivir dun xeito saudable e  feliz. Estaredes dacordo en que as nosas caras o din todo!!! Adiviñade que emocións estamos a representar...

Obradoiros Música e E.C. 3

  Os xogos de roles supoñen un reto para nós xa que temos que lembrar que ou quen somos, como se move, como actúa, como se comunica e manter isto ao longo de todo o xogo. Para levalos a cabo buscamos  ser animais de dous tipos: os que comen herba ou plácton (coellos, vermes, peixes) e os que comen carne (lobos, águias, tiburóns)  MMMMM os animais teñen moita fame e buscan comida, por iso o coello sae comer herba a saltiños, ao ritmo da música, pero de súpeto a música para e aparece no bosque o lobo... que tamén está moi moi famento... e mirade por onde, sempre pasa o mesmo: os lobos queren merendar coello, mirade qué cariñas de velocidade levamos!
Obradoiros Música e E.C. 4
 

Está chegando a hora de recoller e despois  de tanto xogo e movemento precisamos relaxarnos un pouquiño, así que cambiamos a música e poñemos acordes suaves que fan que o corazón latexe máis lento... a respiración tamén acouga... pechamos os ollos... respiramos paseniñamente polo nariz e botamos o aire 
 pola boca...

Obradoiros Música e E.C. 5
 
E cinco minutos despois estamos listos e listas para marchar á casa logo  dunha extenuante sesión. Como vedes gozamos moito e o material que precisamos é: un ordenador ou radio, nós mesmos e moitas ganas de pasalo ben!

Animádevos a facelo vós na casa, calquera momento é bo para divertirse!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!