A tarde dos luns é moi especial e moi divertida para todos os nenos e nenas de infaltil e os nenos e nenas de 1º de Primaria pois é a tarde dos obradoiros.
Hoxe queremos contarvos o que fixemos este trimestre no obradoiro de cociña. Xa sabemos facer moitas cousas aínda que parezca que non, e si nos axudades un chisquiño na casa podemos facer cousas moi moi ricas e divertidas...
No cole fixemos batidos, probamos a facelos con xeado, iogur e froita,.... Preparamos todos os ingredientes, cortamos,mesturamos, batimos e fomos probando os diferentes sabores e texturas.
Algúns gustáronnos moitísimo e outros...... mirade, mirade como traballamos e como gozamos!!!
Na seguinte volta todos e todas fixemos pizza que levamos cada quen para merendar na casa.....Chegaría algún anaquiño para probala???
Fixemos a masa, estirámola, puxemoslle os ingredientes que quixemos e despois dun chisco de forno.... mmmmmm!!!!
Estaba rica non si???
Mirade que ben o pasamos e que concentrados estabamos coa nosa pizza!!
Seguide moi atentos e atentas ao que imos facendo porque temos receitas moi apetitosas preparadas para as seguintes voltas.
Bicos mil!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!