16 de febrero de 2015

Cociña de Entroido

Esta semana, previa á festa de Entroido foi, como cada ano, moi moi especial.

Hoxe ímosvos ensinar o ben que o pasamos os nenos e  nenas de Infantil e 1º 2º ep no obradoiros de  cociña, con receitas propias destas datas.

O luns fixemos obradoiro de cociña típica de entroido: filloas e rosquillas.
Ademais de ir preparando as masas e dándolles formas ás rosquillas, os nenos e nenas de 1º EP lanzámonos sen pizca de reparo a facer o postre estrela destas datas: as filloas. Quen dixo medo???
Con un chisco de axuda mesturamos os ingredientes e ata manexamos a tixola con moita arte!!!

Mirade mirade:
Filloas1
filloas 2
 
filloas 3
E por suposto despois de tremendo traballo....a comelas!  
rosquillas prim.
rosquillas 2
As rosquillas tamén se nos deron moi moi ben, e isto de ter que facelas coas mans ten as súas vantaxes para ir probando a masa ao tempo que producimos aron en serie jeje!!!
rosquillas prim2
 Tamén fixemos uns paquetiños para levalas a casa e compartilas. 

Foi un día delicioso!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!