16 de abril de 2011

Proxecto internivelar- Cambio climático

Ao longo deste segundo trimestre que agora remata, os nenos e nenas de Infantil participamos no proxecto sobre Cambio climático ao redor do cal participamos todos os cursos, dende 1º EI ata bacharelato.
En Infantil centramos o tema no cotiá, no máis cercano para nós porque é o que realmente nos interesa e motiva e a partir do cal somos quen de ir construíndo os concetos máis abstractos. Nesta ocasión centramos a nosa investigación nos residuos que xeramos no comedor: as botellas de plástico de auga. Titulámolo: O NOSO CONSUMO, A NOSA PEGADA facendo referencia á pegada ecolóxica.

A primeira parte do proxecto consistíu en averiguar cantas botellas de 1,5l gastabamos en 1 semana, e nun mes. Ao longo dos días fómonos xuntando cunha chea de botellas, demasiadas!!!que almacenamos e....xa se nos ocorrería que facer con elas!!!
recoller botellas
Os nenos e nenas de ESO suxeríronos que as botellas máis grandes consumían menos plástico. Algo totalmante paradóxico para nós. Pero quixemos comprobalo polos nosos propios medios. Experimentalmente vimos que era certo. Empezamos a consumir garrafas de 5 l e despois de 8 l. Comparamos as cantidades de residuos que xerabamos e....claro! canto máis grande a botella menos resíduo a igual cantidade de auga.
1 semana
Pero quixemos ir máis aló, e investigando investigando coñecimos as botellas de cristal retornables e tamén apuntamos a posibilidade de consumir auga da billa e utilizar xerras para servila no comedor. Esta será a nosa proposta de mellora!!!!!
mural
Descubrimos que non só contamina o resíduo en si senón o mesmo feito da súa fabricación. Así que falamos da separación de resíduos nos bidóns axeitados para poder reciclalos pero démonos conta de que o máis importante é poder reducir o consumo dos mesmos e reutilizar os materiais o máis posible.

E como sempre unha cousa leva á outra....pois os nenos e nenas da clase das medusas démonos conta de que o leite que tomamos no cole tamén ven en botellas de plástico, e decidimos escribir unhas cartas para mandar á fábrica de onde a mandan para propor que as substitúan por botellas de cristal retornables. Temos moita ilusión en que nos respondan e ver se somos quen de conseguir algún pequeno cambio......

Coas nosas conclusións e propostas de mellora fixemos un mural para poder comunicarlle aos compañeiros e compaleiras e familias que viñeron ao acto final de proxecto as nosas ideas, e coas botellas que fomos xuntando fixemos unha instalación e escultura.....a que impacta! (son só as botellas que xeramos en dúas semanas!!!)

mural
instalacion
DSC01821
DSC01820
escultura

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!