21 de diciembre de 2015

Visitamos o estudo de gravación "Abrigueiro"

O mes de decembro é un mes máxico que quixemos empezar en Infantil con un proxecto ben bonito, cargado de emotividade e no que o pasamos xenial familias, profes e pequechas e pequechos.

Xa sabedes os máis veteranos que moi pretiño de aquí de Lugo, nas montañas do Courel, vive unha personaxe moi entrañable, de oficio carboeiro, que pola noite de Nadal baixa das montañas para percorrer toda Galicia visitando as casas dos nenos e nenas cando están durmidiños para apalparlles a barriguiña, ver se comeron ben e abondo, e deixarlles unha presiña de castañas e mais algún agasallo que el mesmo fai coas súas mans con elementos da natureza. Si, si!!! O APALPADOR!!!.

Pois ben, con David e Catuxa, os nosos profes de música, aprendemos unha cantiga que fala del e conta esta historia. Unha cantiga feita a partires dun poema de Xurxo Valcárcel  ao que David, coa súa zanfona lle compuxo unha música. E claro, cantámola tan ben e gustábanos tanto que acordamos facer algo máis con ela.
E aquí chegou Arturo, o papá de Aroa da clase dos tiburóns, que nos convidou ao seu estudo de gravación Abrigueiro para que puidesemos sentirnos como os artistas de verdade e....Gravar a música e as nosas voces nun disco. UAUEEEE!!! que grande idea.

E alá fomos no bus, ata a casa de Aroa, Carmen e Arturo a pasar o día. Acolléronnos marabillosamente e ademais da parte técnica da grabación, pasamos un día xenial en contacto coa natureza, xogando na casiña da árbore, nas randeiras, co balón, coa herba, coa terra......

Aquí vos deixamos algunhas das fotos dese gran día que pasamos en Friol nas que poderes ver o entorno privilexiado do que gozamos e o ben que o pasamos nos descansos. A parte musical e de estudo....non queremos amosárvola aínda....temos sorpresas.....de momento isto é todo.
Almorzando
Visita Abrigueiro 5


Visita Abrigueiro 4

Como non, logo do almorzo tocou un descanso ben merecido...

Visita Abrigueiro 3

Visita Abrigueiro 1

Xantar!!!: empanada e "Hot Dog"!!!

Visita Abrigueiro 6
  
  E logo... máis xogo...

Visita Abrigueiro 2
 

Visita Abrigueiro

A xornada rematou con todos nós esgotados pero moi moi satisfeitos e satisfeitas polo gran traballo conseguido con moito esforzo e ilusión por parte de todos e todas. 

Sabemos que estades desexando ver máis... SEGUÍDENOS CON ATENCIÓN.....TRAERÁ O APALPADOR O AGASALLO AO BLOG??

1 comentario:

  1. Que ben o pasamos e que ben nos trataron. Graciñas Aroa por convidarnos á túa casa e converter ese día nun día moi especial.

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!