23 de noviembre de 2015

O bosque en Outono

Ola a todos e todas!
Despois da gran festa do Magosto  aínda nos quedaron ganas de seguir investigando sobre o outono e... que mellor maneira de facelo que sair ao monte a ver todas as marabillas que nos trae esta formosa estación.
Para esta saída contamos coa colaboración do papá de Jairo: Miguel que nos quixo amosar os bosques que hai na contorna da súa casa.
Comezamos o día moi nerviosos... íamos facer a primeira saída do curso e puxémonos mans á obra:

botas de auga... postas!
abrigos... postos!
.......................... pois xa estamos preparados e preparadas!

Subimos ao bus e entre cancións e risas... chegamos!

Foi Miguel quen nos recibiu e o primeiro sitio ao que  nos levaron el e Jairo foi un bosque cheeeo de carballos e castiñeiros que agocha, debaixo da terra, un castro aínda por descubrir. Alí atopamos un recuncho que semellaba máxico, repleto de follas e con pequenos tesouros agochados: castañas, cogumelos e até limacos (eses animaliños baballentos tan riquiños....que parecen caracois que perderan a súa cuncha) que atopamos sen problema porque somos uns graaandes investigadores e investigadoras... e tamén valentes exploradores e exploradoras que nos lanzamos a coronar os cumios que rodeaban o castro coma uns campións e campionas!
Ao longo de todo o paseo Miguel foinos explicando e amosando os nomes e características dos cogumelos que atopamos, e se algo nos quedou moi moi claro é que: NUNCA comades ou toquedes un cogumelo se non estades seguros de que clase é!

Logo de tanto paseo e emocións de súpeto comezamos a escoitar ruxidos... grrrrr noooon, non vos asustedes, eran os nosos estómagos que son moi puntuais e clamaban polo almorzo.

Desfixemos o camiño andado e fomos á casa de Jairo onde nos puxemos as botas con galletas con forma de castaña que fixo Selene, a mestra de inglés, e mmmm que ricas estaban (levaban chocolate!) e acompañámolas cuna batidos de chocolate e chocolatinas que o papá de Jairo nos trouxo!
Despois de repoñer forzas toca facer un pouco de exercicio....Imaxinades  o que se nos ocorreu??? Pois sí, fomos xogar no estupendo  xardín da casa de Jairo e pasámolo xenial!!!

Todo o que vos contamos aquí non reflicte realmente o ben que o pasamos, por iso pensamos que a mellor presentación é este vídeo que preparamos con moitísimo agarimo, agardamos que gocedes con el!



Que vos pareceu? Fermoso a que sí? Pois todo isto non sería posible sen a colaboración dos papás de Jairo, especialmente a de Miguel, que buscou un oco para colaborar con nós, dende aquí moitííísimas grazas por todo!
Seguide moi pendentes do blog porque deseguida teredes novas nosas! 

Biquiños mil da Clase dos Dragóns e dos Tiburóns!!!

1 comentario:

  1. Una excursión muy chula!!! vinieron encantados, y agotados jeje; gracias a Miguel Noe y Jairo por la idea..por hacer de guias..por el paseo..la merienda y por todo. Un día muy divertido.

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!