15 de septiembre de 2015

Welcome to school

Despois dunha semana moi intensa e xa comezando unha nova, Robby mais as profes de Infantil queremos darvos a benvida ao cole.
 O primeiro día de clase é especialmente duro xa que hai que madrugar un montón! Así e todo  Robby, nese día, xa levaba cos ollos abertos un bo rato antes de que soara o espertador.....Sabedes por que?
 Estaba moi emocionado por volver a ver a cada un dos seus amiguiños e amiguiñas e andaba con ganas de coñecer a todos eses novos nenos e nenas  que xa forman parte do noso cole.
 E alí aconteceron cousas moi divertidas durante toda a semana: lemos moitos contos en diferentes idiomas, decoramos e organizamos as aulas, fomos ao patio coas motos, almorzamos xuntos comidas moi ricas, participamos en xogos moi diversos...e, sobre todo, aprendemos moitísimo xuntos!

Para que poidades ver algunha das miles de aventuras que acontecen no noso cole día a día, deixámosvos un collage moi divertido.

Ah!!! e unha novidade máis. Como vedes na foto Robby este ano trouxo con ela a unha nova profe. Chámase Selene e estará con todos nós este curso mentres Ana, a nosa english teacher, coida do seu bebechiño Daniel.
Con ela viviremos moitas aventuras e de seguro aprendemos unha chea de cousas in english!!

See you soon :)

welcome to school

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!