17 de septiembre de 2015

Primeiros días nas aulas de Infantil

Ola!!!!
xa  vos contou Roby un chisquiño como estamos por aquí, no cole.
A verdade é que está a ser unha semana de moitas emocións e moi moi intensas. Para moitas de nós o reencontro cos amiguiños e amiguiñas despois do...curto!! verán. Para outros empezar unha aventura nova, nun espazo novo, con novas profes  e con nenos e nenas novos tamén....vaia moooooitas novidades todas xuntas.
Aquí no vedes aos novos moradores deste xenial lugar chamado Galén.
incorporacións
E os xa un pouco máis expertos iniciando o noso novo papel,  dende un punto de vista diferente e tamén asimilando a modiño as novidades propias da aventura de medrar.
adaptación disfraces
Os momentos máis sensibles do día para os nenos e nenas de 1º de EI son a despedida e o ratiño da sesta. O primeiro foi doado, nun tris collimos o truco. O segundo, o momento do descanso costa un chisquiño máis pero cos grandes e amorosos colos de Carmen e Catuxa xunto co cansanzo do día estamos a conseguir que se convirta pronto nun momento moooooi agradecido e levadeiro.
Mirade e xulgade vós mesmos.
sesta 1 sesta 2 sesta 3
Ademais o día a día a día está : xogo nas aulas, na carballeira e patio (cando o tempo o permite), o castelo hinchable, as visitas de David e Conchi e a compaña de Alicia están a facer cada día moi especial e que teñamos ganas de marchar pola tarde pero tamén de voltar ao día seguinte.

Seguiremos contandovos cousiñas.....estade  atentas/os!!
e por certo.....queredes contarnos como estades a levar vós este periodo de adaptación....como papás e mamás eh?? Animádevos no apartado de comentarios

2 comentarios:

  1. Xeniales as fotos.
    É verdade que non é doado para ningún. Aínda que Teo é un neno moi sociable, e está encantado co seu "Cole de maiores", cústanlle os cambios. Era cuestión de días, pero partíanos a alma deixalo tristeiro (nos mellores casos). Por iso é unha gozada velo cada mañá con máis ganas de ir e tan contento ao recollelo! E é fantástico vivir con el (contado ao seu modo) cada historia cos novos amigos, no patio, no castelo, a "alfombra máxica", o "martillo-peine-rueda".... e dende logo é un triunfo para el e para nos cando di: "Hoy dormí mogollón y no se me cayó ni una lágrima"!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que como mamás e papás tampouco son doados os primeiros días de escola, entendémoste Alba. E para os nenos e nenas estes cambios tampouco o son. Por iso en Galén procuramos facelo da mellor forma posible, con moito colo, mimos, abrazos e entendendo como se sinten nun lugar novo, con persoas novas e novos amiguiños e amiguiñas.
      Grazas Alba por compartir o voso sentir con nós. Unha aperta!!

      Eliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!