Hoxe foi un día moi especial na clase de 2º de E.P porque tivemos dúas mestras novas: Marina e Marta, as nais de Ángela e Isaac.
Canto saben de como é o noso corpo por dentro!!
Empezamos vestíndonos como cirurxáns, con luvas, calzas, máscaras e batas. Vimos e tocamos os bisturís que se usan nas operacións e comprobamos o moito que cortan, polo que andamos con moito coidadiño para non mancarnos.
despois dispuxémonos a observar os pulmóns e o corazón dun tenreiro e o dun porquiño.
Fixemos moitas preguntas pero o que realmente desexabamos era poder tocar e comprobar como eran cando os diseccionabamos.
Sorprendéronnos as súas texturas, formas, ..., e que tiñan un montón de tubiños por dentro. Uns máis grosos e duros e outros pequeniños e brandiños. Marina e Marta dixéronnos que iso dependía da función que tiñan que realizar. Por exemplo, as arterias eran máis grosas porque como levaban o sangue impulsado a maior distancia precisaba soportar maior presión e debían ser máis fortes.
Vimos os bronquios, as válvulas do corazón, que son catro, e que fan como billas do sangue que a deixan avanzar pero non lle permiten retroceder .
Tamén falamos doutros seres vivos que teñen igual que nós corazón e pulmóns. Ben, igual igual non, porque unha balea azul ten un corazón que pode pesar ata 600 kg!! e o noso tan só 300 gr.
Teríamos moito máis que contarvos pero iso o imos reservar para casa. Ides quedar abraiados, xa veredes!!
Unha tarde pra gardar no noso corazón " humano". Graciñas pola atención prestada e por convidarnos. Estades feitos unhes expertos na circulación da sangue. Sodes xeniales.
ResponderEliminar