12 de marzo de 2015

Coidando a Pipa e Estrellita

Queremos presentarvos a dúas novas compañeiras de aula........si, si, as nenas e nenos de 1º de EP temos dúas cobaias na aula!!.
Quixemos escoller  nome para elas mais primeiro tivemos que exploralas para saber se eran machos ou femias e poderlles poñer un nome a xeito. Despois de algunhas pesquisas e debate para poñernos de acordo entre tantas propostas ...acordamos que se chamarían  "Estrellita" e "Pipa".
Son un pouco tímidas, pero cada día que pasa nos coñecen un pouco máis e deixan que lle fagamos caricias e aloumiños.


foto 1
foto 2
foto 4
foto 3

O venres tocou sesión de limpeza do seu espazo e  poidemos bañalas. Claro que con taaaanto pelo tivemos que secarllo  co secador. Ao principio estaban un pouco asustadas, pero gozamos moito, elas e nós.

Agora iremos compartindo con elas máis momentos e poderemos ir observándoas e coñecendo un pouco máis a estes animaliños tan...suaves e peludos!! Xa vos iremos contando.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!