12 de febrero de 2015

ROBBY & PATCH AT LÚA'S HOUSE!

Ola queridos e queridas;

Aquí voltamos a estar de novo para ensinar e compartir con vós a experiencia vivida con Lúa e a súa familia que tan ben nos atenderon e coidaron o día que pasamos con eles na súa casa. 
Ao chegar á casa o primeiro que fixemos foi merendar un bocadillísimo de chourizo case tan grande coma Patch e mais eu.
 Despois estivemos tocando instrumentos varios, entre o piano (o meu favourito), a guitarra, a gaita, e mesmo a zanfona (a favorita de Patch). Logo estivemos xogando e como ía tanto frío botámoslle máis leña ao lume. Fixemos un lumeeee!!!
Antes de cear un riquísimo caldo de berzas e unha boa tortilla de patacas con ovos das pitas da casa, aseámononos e cambiamos a Ío, a fermosa irmá pequecha de Lúa. E con tanta  actividade marchamos durmir pero non sen antes ler un conto de animais.
Unha vez máis, e como poderedes comprobar nas fotos que foi un día xenial. Aproveitamos para agradecer que compartan con todos nós estas fabulosas fotos que nos encantan, e de seguro que a vós tamén.

See you next time!

1. Having a snack

2. Playing the piano

3. Fireplace

4. Bathtime

5. Dinner time

6. Story & bedtime

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!