2 de febrero de 2015

ROBBY & PATCH AT JAIRO'S HOUSE!

Boas a todos e todas;

Aquí estamos Robby e Patch de novo, para compartir con vós a vivencia con Jairo e a súa familia hai uns días. E outro día máis, gozamos infinito. Fomos ao parque, xogamos ao escondite -que por certo ,atopar a Robby costounos... naceu para xogar a este xogo-, merendamos, peiteáronos -que foi unha gozada-, coñecemos a unha cobaia chamada Lila... E cando nos demos conta, xa rematara o día e había que deitarse, e durmimos e descansamos de fábula. 

Aquí vos deixamos as fotos que esperamos que vos gusten tanto como a nós, e ao mesmo tempo queremos agradecerlle a Jairo e á súa familia tanta atención, amor e cariño.

'Til next time!


1. At the pond

2. Hide & seek

3. Boooo...

4. Hamster

5. Brush my knots

6. Night night, sleep tight

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!