23 de octubre de 2014

Primeiro día na Estadía de Outono

Os nenos e nenas de 1º EP estamos a vivir, dende onte Mércores, unha experiencia fantástica cos nosos compañeiros e compañeiras, unha auténtica aventura de descubrimento da natureza nesta fermosísma estación do ano que tingue de cores o bosque e nos regala tantas cousiñas!!

Grazas a Elia e á Aula de Natureza Trevia estamos a aprender moitísimas cousas sobre os animais e as plantas e.....bueno, non vos imos contar máis de momento pois cando remate a estadía teredes aquí e no blog de Trevia unha entradiña mooooito máis longa con fotiños e contándovos moito máis.


Estadía 1


Hoxe queriamos contarvos ás familias que estamos ben, que o día de onte foi moi moi intenso e que pola noite, despois de recuperar forzas coa cea e de bailar ao redor do lume, fomos á cama moi contentos e contentas e con mooooooito sono. Así que durmimos xenial, toda a noite sen espertar nadiña ningún de nós.

Agora estamos en Avifauna descubrindo os segredos das aves e.......xa vos seguiremos a contar!!!

Moitos biquiños a todas e todos!!! 


3 comentarios:

  1. Olvidamos el abrigo de Nicolás!! lo llevamos esta tarde, que iba a hacer mucho calor pero la noche y la mañana están siendo bien fresquitas! Pasadlo muy bien!

    ResponderEliminar
  2. Cacho fogata! Que ben que asi estàn ben quentiños!!! Bòtasevos de menos.Moitos bicos

    ResponderEliminar
  3. Pasadlo bien y disfrutar que la luz de estos días es muy especial y el tiempo acompaña.Besines.

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!