26 de octubre de 2014

O Outono en Navallos

O luns foi un día moi divertido e cheíño de sorpresas para a clase dos caracois e a clase dos dinosaurios!!
Foi a nosa primeira saída deste curso, e para algúns nenos e nenas a primeira viaxe no bus. Non sabedes que ben se ven as cousas dende aí arriba!!!!
Navallos é a aldea onde vive Lúa, da clase dos caracois e a súa familia. Cando chegamos,moi emocionados e emocionadas, estaban esperandonos Uxía, David e Ío con un montón de sorpresas para nós.
Antes de nada e para coller forzas almorzamos para ir a recoller os froitos do outono. Despois David levounos por prados e bosques marabillosos nos que atopamos moitas cousas... Xa vedes no video  que cogumelos máis grandes. Ademais recollimos mazás, noces, unhas flores que se chaman "quitamerendas" e a que non sabedes por que??. Nós si, preguntade preguntade.

Con todo eso nas nosas cestas voltamos á casa e coa axuda de David prendemos o forno de pedra que teñen na casa.....porque  iamos facer pan!!!!!  Menuda sorpresa!! Cada un de nós fixo o seu boliño e o metimos no forno!!! Probástelo  verdade?  Estaba boísimo....
Tamén fixemos unha empanada coas mazás que recolleramos  no paseo. MMMMMMMMMM... non sabedes o riquísima que estaba!! Foi a nosa sobremesa do xantar!!!
Antes de comer aínda nos agardaba unha cousa máis: saímos da casa de Lúa e fomos ata a casa da súa veciña Amparo que nos quería amosar un xatiño que nacera dous días antes,... Había moitos animais.... vacas, varios xatos, cabras, cans, galiñas,..... Cantas cousas que ver!!!!
E por fin chegou a hora de comer,.... tiñamos moita fame despois dunha mañá moi intensa e cando rematamos chegou a hora de xogar un pouco e de celebrar unha pequena festa. David e Uxía sacaron os seus instrumentos e tocaron un ratiño para nós. Pasámolo xenial!! Bailamos, cantamos,.....
E... chegou a hora de voltar ao cole!!! Estabamos moi cansos e cansas pero foi un día marabilloso no que gozamos moito da natureza nesta fermosísima estación do ano e da familia de Lúa.
Moitísimas grazas por todo Uxía e David  foi un día inesquecible!!!!!
E recordade que para nós son moi importantes as vosas colaboracións e que nos encanta compartir momentos especiais canda vós....
Así que.....FAMILIAS.... ide pensando que podedes vir facer con nós. Esperámosvos!!!
Bicos Mil.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!