22 de octubre de 2014

Emerxenciaaaa!!!!

Ola a todos e todas!
A semana pasada foi moi especial para nós xa que realizamos un simulacro de incendio, como se dunha rodaxe de cine se tratase que nos permitíu coñecer dende moi pretiño ao persoal de emerxencias e os seus vehículos.

Ben cediño chegaron membros dos equipos de: Ambulancia, Hospital de campaña, Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil e Bombeiros e puxéronse a preparar todo o que nos querían amosar! 
En infantil estábamos xa moi nerviosos... escoitabamos sereas, mirabamos pola fiestra.... A emoción foi aumentando até que por fin nos avisaron de que podiamos salir!
A nosa primeira parada foi nas ambulacias que estiveron á nosa disposició:  puidemos subir na parte de atrás e ver o material que alí teñen  que empregan para curar á xente que está maliña. Tamén nos sentamos diante, fixemos que conduciamos e ate fixemos soar a serea,.. pero será mellor que o vexades vós mesmos!
Simulacro 1

Despois  tocou visita a un Hospital de campaña que montaron na pist no que puidemos ver   o material que empregan,  para que serve e investigar un pouquiño pola tenda ata que a nosa curiosidade quedou satisfeita.


Simulacro 2

Seguimos o percorrido e chegamos aos coches e motos da Policía Local e Nacional nos que tamén tivemos a sorte de poder subirnos e tocar as sereas, probar os cascos e facer algunha pregunta aos policías que alí estaban. Mirade que cariñas de ledicia tiñamos! 

Simulacro 3

E por suposto puidemos subirnos á lancha de Protección Civil e xogar a...pescar!!

No final do percorrido  atopámonos cos  bombeiros que nos foron contando que cousas levan no camión e para que serven, como por exemplo unha mochila con osíxeno para poderen respirar mentres están a apagar un incendio... ou os cascos que lles permiten ver mellor e que ao tempo os protexen e... sí, como ben estaredes a imaxinar tamén nos subimos no camión de bombeiros!!! 

Simulacro 4


Simulacro 5

Todos e todas foron moi atentos e amables con nós e fixeron do luns un día mi divertido, entretido e emocionante! 
Grazas pola vosa visita foi un pracer!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!