24 de abril de 2014

Un artista na aula!! Visita de Gonzalo

Este Entroido disfrazámonos de pintores e pintoras e o tema resultounos taaaan interesante que acordamos  facer un proxecto e investigar máis a fondo tanto a diversos pintores coma variadas técnicas para deixar sair aos artistas que levamos dentro.
A Clase das Águias realizamos técnicas como o puntillismo, o "action painting" de Pollock... pero a que máis nos gustou foi o gravado, adiviñades por que?
Tivemos a un gran artista con nós, Gonzalo, o pai de Gonzalo, que amablemente nos veu ensinar como se facía!
Comezamos a actividade cunha explicación do que íamos facer, mirade que atentos e atentas estabamos...


Agora iremos paso a paso contándovos o que fixemos. Precisamos unha bandexa de porexpán á que temos que cortarlle os bordes, pero mellor que o vexades...


Despois con lápices ben afiados facemos o debuxo que nos apeteza, podemos facer liñas ou con puntiños, sempre tendo en conta que debemos apretar bastante para que quede a forma gravada no porexpán...



E agora o máis divertido... PINTAR!!! Poñemos pintura enrriba do debuxo que fixemos, como veredes podemos misturar diversas cores. Cubrimos cun folio o debuxo e pasamos un rodillo mooooi pesado... uffff menos mal que nos axudou un pouquiño Gonzalo!!!


  O rodillo fai que a pintura se pegue ao folio deixando a forma do noso debuxo en branco... Ajá, misterio resolto... ao picar o porespán afúndese e non colle cor! 
A actividade gustounos tanto que repetimos! E para rematar Gonzalo amosounos uns fermosos cadros feitos por el, empregando, iso sí, a mesma técnica. Mirade que marabilla!!!


E a continuación... as nosas obras de arte xa rematadas, até fixemos uns marcos... 

Visita Gonzalo 6

A que nos quedaron chulísimos? Queredes saber os nosos trucos? Pois ahí van: moita imaxinación, gran creatividade, infinitas ganas de aprender e moito moito gusto polo que facemos!!!
 Dende aquí darlle as grazas a Gonzalo por motivarnos e facernos pasar un anaco tan especial e divertido! 

Mil grazas e biquiños das Águias para todos e todas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!