6 de abril de 2014

Papá de Lúa...gaiteiro!!

Na clase das bolboretas tivemos unha visita moi.....musical!! que nos axudou a completar  o noso proxecto sobre os instrumentos tradicionais galegos.

Veu o papá de Lúa, David, a presentarnos a gaita, as súas partes, como soa e....foi case máxico para nós ver como de aquela bolsa que el traía saían unha chea de pezas de diferentes lonxitudes, unha bolsa con flecos...... e como se convertía nunha gaita co seu son tan característico, tan cotiá para nós.

bolsa gaita
Primeiro saíron as partes da bolsa
partes
Despois David foinos descubrindo o son de cada unha das partes e como atravesaba o aire cada unha delas. O ronco soaba coma un barco!!!
partes2
E vimos tamén que hai unha que se chama ronqueta que ten unha especie de chave coma se fose unha billa de auga. que curioso!!
partes 3
 Tamén coñecimos unha parte moi importante: o punteiro que vai da man sempre da palleta que leva dentro sen a que as notas non soarían.E descubrimos que canto máis longo era o punteiro...máis grave soaba. partes 4
Cando todo estivo montado David contounos o conto de como Avelino Cachafeiro, un gaiteiro moi famoso e importante, conseguíu compoñer a Muiñeira de Chantada para agasallar á súa amada. conto
 E como non....bailamos a ritmo da gaita acompañada da pandeireta e do bombo que tocabamos nós. Que ben o pasamos, que divertido foi!!!

 Moitísimas grazas David por pasar unha tarde con nós musical e moi moi especial!!!
bailando pasodoble

Esta visita, como vos contabamos, foi a guinda que colmou o pastel.....non pastel de comer non.!!!...queremos dicir que rematamos con ela o noso proxecto ao redor dos instrumentos tradicionais galegos que iniciamos aló polo mes de outubro na aula de música.

 Experimentamos con todos eles, aprendemos a clasificalos por familias e descubrimos como facer para que soasen o bombo, a pandeireta, o pandeiro, as culleres, o tamboril...e con eles tamén algunhas peciñas do repertorio tradicional e popular galego que acompañaban aos diferentes bailes soltos e agarrados: a muiñeira, o pasodoble....

 Mirade as fotos e veredes cantas experiencias!!! e podedes ver tamén o moito que medramos dende inicio 
de curso...vaia se cambiamos!!

tamboril
pandeiro1
pandeiro 2
culleres1
culleres 2
bombo
bailando
tocando
 

1 comentario:

  1. Como papá sempre me resulta especial compartir coa miña filla novos momentos e experiencias e sen lugar a dúbidas esta foi unha delas. Pasei un rato fabuloso no que sobre todo nos divertimos moito. Graciñas pola oportunidade.

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!