4 de febrero de 2014

Proxecto Os Volcáns. Visita de Santi


Na clase das Águias iniciamos un proxecto novo co inicio do trimestre e estamos a investigar sobre os volcáns, tema que nos apaixona e motiva.
 Coma sempre, comezamos o proxecto coa información que nós mesmos fomos traendo da casa: libros, debuxos, imaxes... e descubrimos moitas cousas novas sobre este fenómeno que é tan fascinante coma perigoso! Pero as mentes inquedas seguimos querendo máis e por iso acordamos convidar a  un experto na materia para que compartise con nós os seus coñecementos... o noso amigo Santi, xeólogo e profe de bioloxía e xeoloxía dos maiores.
Veu unha tarde e contounos  un montón de cousas sobre os volcáns, os  diferentes tipos que existen, como se producen e por que, as súas partes... algunhas cousas xa as sabiamos do noso primeiro traballo de busca e clasificación de información e... deixámolo abraiado cos nosos coñecementos sobre o tema!

Visita Santi proxecto volcáns 1


Tamén nos amosou os tesouros que se poden atopar na súa clase:  trouxo rochas volcánicas de varios tipos e falounos das súas carácterísticas e propiedades: porosidade, peso, tamaño...Encantounnos poder ademais tocalas e comprobar nós mesmos as súas cualidades. 


Visita Santi proxecto volcáns 2


Visita Santi proxecto volcáns 3

As Águias queremos darlle moitísimas grazas a Santi pola súa visita que nos resultou moi interesante, sorprendente (poder mirar as rochas foi xenial) e divertida!
 E seguide atentas e  atentos ao blog porque o noso proxecto segue en marcha e iremos compartindo con vós todo o que vaiamos descubrindo e algún que outro experimento!!!

1 comentario:

  1. A verdade é que viñeron entusiasmados despois desta visita...bueno e con todo o proxecto de volcáns en xeral. Que chea de preguntas!!

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!