7 de febrero de 2014

Día da Paz 2014

O xoves30 de xaneiro celebramos o Día da Paz en Galén. Participamos todo o centro dende Infantil a BAC.
 Este ano tivemos moi presente a un home, Nelson Mandela, que adicou a súa vida a procurar a paz. 
Todas e todos xuntos na entrada  do cole lembramos a vida e o legado que nos deixou o Premio Nóbel da Paz.

Os nenos e nenas de infantil despois do traballo de reflexión nas aulas, fixemos un mural con Nelson Mandela como personaxe principal ubicado nunha paisaxe de Sudáfrica na que descubrimos que non só hai sabana senón tamén grandes cidades, con grandes edificios e moito tráfico. E xunto a Mandela debuxamos nenos e nenas con diferentes características físicas (cor da pel, o pelo, altura etc...) mais todos e todas nenos e nenas cos mesmos dereitos e con moitas ganas de ser felices. 

Día da Paz Mandela mural EI 2 Día da Paz Mandela Mural EI 1 
As nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. escoitamos con moita atención ao alumnado  de 1º de BAC que nos contaron quen era Nelson Mandela. Para reflexionar sobre a paz e tratar de atoparlle un significado, buscamos palabras que nos achegaran a paz. Saíron moitas: alegría, natureza, amigos, arte, ; con elas elaboramos un mural que chamamos: " En clave de Paz",  combinamos as nosas verbas coas frases tan sabias ditas por Madiba.
Emma e Alejandra foron as encargadas de ler a nosa reflexión: "Cremos que as claves da paz están no cariño e respecto. Coidándonos e axudándonos conseguiremos sacar o mellor de cada un e cada unha". 

Día da Paz Mandela 1ºe 2ºEP mural
Día da Paz acto 2
paz 2

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!