Os luns pola tarde reanudamos os obradoiros, pero hai unha novidade, agora tamén participamos os nenos e nenas da clase das Bolboretas e das Arañas xunto coa clase das Águias e 1º de Primaria.
As nosas mestras preparáronos un obradoiro de cociña, de baile e de horto.
Este luns en horto estivemos moi atarefados retirando os excrementos de Pelusita, unha cobaia moi tranquila que coidan os nenos e nenas de Primeiro. Retirámolos e preparámoslle a gaiola con palla, tamén lle puxemos comida e auga. Estes excrementos os utilizaremos para preparar compostaxe, que servirá de abono para as nosas plantas.
Despois sementamos tomates. Preparamos a terra e puxemos dentro dúas sementes. Podiamos escoller entre dúas variedades: cherry ou raf. Para rematar tivemos que regalos, xa que as sementes precisan humidade para xermolar. Deixámolos no peitoril da fiestra para coidalos e ... nunha semana estarán nacidos
!! Cando medren transplantarémolos no invernadoiro.
E cando chegue o tempo de recoller....xa vos daremos a probar!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!