17 de enero de 2014

Visita ao Museo Provincial de Lugo

Xa voltamos do Nadal e iniciamos un novo trimestre con moitas sorpresas por vir, novas experiencias e unha chea de aventuras.
E iniciamos xa con unha saída!! Fixemos unha visita polos recunchos do Museo Provincial de Lugo.

Coa compaña das Guías fomos coñecendo ás diferentes persoas que traballan alí: garda de seguridade, guías, mantemento, bibliotecarias etc... e os diferentes espazos da primeira planta.
Comezamos visitando a cociña, unha cociña moi antiga un tanto diferente á nosa. Descubrimos como cociñaban na Lareira ademais de que lles servía para quentarse sentados nos escanos arredor do lumementres se cociñaban os alimento nos tres pes, nas tixolas e...ata vimos unha batidora antiga sen enchufes nin cables claro!!

Visita ao museo 1 

Despois fomos a ver como era o chan das casas romanas, con mosaicos feitos de pedriñas moi pequeniñas que van facendo debuxos moi lindos, de formas e incluso de animais ou persoas. Tamén vimos esculturas con persoas daquela época e descubrimos como ían vestidos con túnicas homes, mulleres e nenos/as.

Visita ao museo 2 

Paseamos polo claustro que nos contaron que era como cando nós saímos ao patio e alí puidemos ver reloxios de sol. Como estaba moi nublado non vimos o funcionamento pero Lucía, a guía, explicóunolo moi ben.

Visitamos tamén a biblioteca...cantos libros hai alí!!...e tan antigos que están escritos e ilustrados a man.

Xa de novo  na parte máis moderna do museo, xogamos a construír os nosos porpios museos colgando nas paredes cadros por temas: de mulleres, de animais, de paisaxes...simulando ser do servizo de catalogación do museo.
Visita ao museo 3 visita ao museo 4 visita ao museo 4 Visita ao museo 5 
Que ben o pasamos e...canto nos gusta descubrir cousiñas de fai tantos tantos anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!