5 de noviembre de 2013

HALLOWEEN PARTY DAY 2013!

Ola queridas familias!

O pasado mércores 30 celebramos, por fin, a festa que con tanto entuasiasmo agardabamos e para a que tanto nos preparamos. Para algúns foi a primeira festa Halloween e non deixamos de abraiarnos con tanto disfraz variado, tanta excitación, tanto ruxir, tanto trick or treat... foi espectacular. Para outros  non foi tan novidoso, pero non por iso menos espectacular.

Os nenos e nenas de infantil comezamos a mañá preparando o postre para todo o cole "Witches' fingers", mentres que os nenos e nenas de 1º de primaria xa fixeramos un montón a tarde anterior. E mentres uns cociñabamos, os nenos de nenas de primaria fomos maquillados polos mozos e mozas de 4º da E.S.O. Agardando o noso turno para poñernos nas súas mans, fomos facendo uns libriños que nos prepararon de halloween.

NURSERY COOKING

NURSERY COOKING 1

NURSERY COOKING 2

PRIMARY 1 COOKING 2

PRIMARY 1 COOKING

PRIMARY 1 MAKE UP

PRIMARY 2 MAKE UP

PRIMARY 2 FRONT DOOR

Rematado o recreo de primaria, fomos para a aula de música, totalmente decorada e acompañada de algún que outro Jack-o'-Lantern que fixeramos uns días antes, e preparámonos para a gran actuación. Todas foron fantásticas! Para os nenos e nenas de 1º de primaria estreábamonos na nosa primeira festa de halloween cos maiores e fixémolo de marabilla. Foi moi divertido!

PRIMARY 1 PERFORMANCE

PRIMARY 2 PERFORMANCE

Despois da actuación voltamos a clase e agardamos o noso turno para recibir e facer o trick or treat cos nosos compañeiros e compañeiras. Xa co noso treat a bo recaudo, marchamos comer un menú... de medooooo!

NURSERY HALLOWEEN LUNCH

NURSERY LUNCH 1

Pola tarde, mentres todo o cole visionaba películas de medo, os nenos e nenas de Infantil tivemos a nosa propia festa con actuacións:  o típico trick or treat e unha película de halloween todo elo enfeitados cos disfraces que preparamos días antes na aula de Inglés.

NURSERY 1 PUMPKIN COLOURING

NURSERY 1 PERFORMANCE

NURSERY 2 PERFORMANCE

NURSERY 3 PUMPKIN COLOURING

NURSERY 3 FACE STICKERS

NURSERY 3 PERFOMANCE

NURSERY TRICK OR TREAT

Foi un día, sen dúbida, moi especial  que agardamos volver a gozar o curso que vén!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!