30 de octubre de 2013

Halloween Pumpkin Craft with Families!

O pasado martes pola tarde fixemos un obradoiro de cabazas coa participación de familias de moitos nenos e nenas de 2º e 3º EI máis 1º 2º EP. Foi moi divertido e a verdade é que nos quedaron unhas cabazas moi chulas.
Repartímonos en grupos e... comezamos por "abrirlles " a cabeza ás cabazas. Algunhas delas eran moi duras e custounos máis do que pensabamos nun principio, pero non se salvou ningunha. Despois, coa axuda dunha culler baleirámolas o máis que puidemos por dentro ata non deixar ningunha semente, que por certo aproveitaremos para logo plantar no noso horto. E unha vez baleiras... a caracterizalas con  ollos, nariz e boca... e mesmo nos deixamos voar o noso maxín facendoas coma calaveiras, pantasmas, cruces e demais formas.
O tempo pasou voando e o resultado final: os Jack-'O-Lantern  tan variados coma variedade de cabazas hai.
Grazas familias por compartir con nós estes momentos que fan especial o noso espazo educativo!
 
HALLOWEEN CRAFT 1.1


HALLOWEEN CRAFT 2.1


HALLOWEEN CRAFT 3.1


HALLOWEEN CRAFT 4.1


HALLOWEEN CRAFT 5.1


HALLOWEEN CRAFT 6.1


HALLOWEEN CRAFT 7.1


HALLOWEEN CRAFT 8.1


HALLOWEEN CRAFT 9.1


HALLOWEEN CRAFT 10.1

AND... TAAAACHAAAAN!!

HALLOWEEN CRAFT


HAPPY HALLOWEEEEEEEN!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!