18 de noviembre de 2013

O bosque en Outono

O pasado venres, os nenos e nenas de  infantil visitamos o bosque que está preto da casa de Nicolás, da clase das Águias, na compaña de Gloria, a súa mamá, e as súas cadeliñas.
Foi ademais unha saída un tanto especial pois era a primeira vez que os nenos e nenas de 1º de infantil (a clase das bolboretas) saiamos de excursión e ... todos xuntos en autobús.Menuda experiencia!!!

En canto baixamos do bus estaba agradándonos Gloria con unha cestiña para recoller cousiñas polo bosque  e na compaña das catro agarimosas cadelliñas que nos acompañaron na camiñata polos arredores.
camiñata
A compaña de Pipa, Lúa, Greta  fixo que  o paseo fose aínda máis divertido: gustábanos moito acariñalas, a súa compaña prestaba e nos chamou moito a atención Pipa, que se pasou toda a mañá escarabellando no chan en busca de ratiños, toupiñas e...quen sabe que outros bechiños que detectaba co seu potente olfato. Mirade, mirade na foto que furado fixo!! casi se mete enteira dentro!
cadeliñas
Pipa
Fixemos unha longa camiñata  con moita ilusión de descubrir os segredos da aldea e do bosque no outono. Os máis pequechos fixémolo xenial e andivemos lentiños pero seguros e...sen separarnos!! somos un grupo!
camiñata 3
camiñata 2
Adentrámonos no bosque e atopamos un montón de cogumelos, follas de carballo e algún que outro becho que nos chamou a atención.
bosque

Tamén descubrimos un prado cheíño de dentes de león que...claro está! nos puxemos a soplar para ver voar as súas sementes diminutas como se fosen pequenos paracaídas. 
dente de León
dentes de león 2
 
Despois de tantas emocións e tanto exercicio precisabamos repoñer forzas, así que fomos a almorzar a casa de Nicolás e a xogar un ratiño no xardín da súa casa, onde vimos ás pitiñas e o agasallo que esa mañá deixara para os habitantes da casa. 
xogos
pita-ovo
 De camiño de volta ao bus vimos un cabeceiro onde se gardaba o millo para que non o comeran os ratos.
 grupo 
Foi unha mañá moi completa. Pasámolo xenial. Grazas Gloria por compartir con nós este paseo e abrirnos as portas da vosa casa. É un gusto contar con familias tan colaboradoras.

2 comentarios:

  1. Gracias a vosotros por la visita!! Fue un placer...

    ResponderEliminar
  2. Que lindos os paseos no outono!!!...Vaia luxo de camiñata e de acompañantes!!! Graciñas

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!