28 de octubre de 2013

Vistia ao Obradoiro de Instrumentos Tradicionais "Xaneco"

O pasado venres 25 de outubro os nenos e nenas de 2º, 3º de infantil e  1º de EP fixemos unha excursión moi divertida na que aprendemos un montón de cousas. 
Tivemos a sorte de visitar  o Obradoiro de Instrumentos tradicionais de Xaneco. Nós xa coñeciamos moitas cousiñas destes instrumentos pero a visita a este obradoiro descubriunos moitas outras. Alí coñecemos a Xaneco, un artesán entrañable que nos amosou todos os segredos do seu obradoiro.

2
4




1
 

 Foi xenial ver como coas súas mans e  dunhas táboas de madeira, anacos de pelexo ou cordas, axudado de  todas as ferramentas e inventos propios que alí tiña, consegue eses instrumentos que logo nós tocamos na aula.

3
 

 Nós tamén quixemos amosarlle as moitas cousas que aprendemos e ao final non puidemos resistirnos a cantarlle unhas cantigas que el tamén sabía e acompañou con algún dos seus instrumentos. 
A visita chegaba á súa fin pero... o día de música non rematou aí!!
 Pola tarde tivemos a oportunidade de cantar e bailar cos nosos compañeiros e compañeiras de 2º da ESO. Aproveitando que dentro de pouquiño chegará a festa do magosto dispuxémonos a ensaiar entre todos e todas e convidamos tamén aos nenos e nenas de 1º EI.


6
7
8

 Foi moi divertido rematar a semana deste xeito. Agora seguiremos ensaiando para preparar a festa do magosto.

 Ata pronto!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!