2 de abril de 2013

Mmmmmmm... Food!

Ola a todos!

Durante varias semanas os leóns estivemos a aprender sobre algo tan importante como é a comida. Fixemos multitude de actividades e a verdade é que aprendemos un montón de cousas de forma divertida, tal e como máis gusta.

Como é habitual en cada proxecto, aprendemos o vocabulario con xogos variados estáticos ou dinámicos, cantamos cancións, vimos vídeos, vimos, lemos e escoitamos contos... e ademais tivemos a sorte de contar cos nenos e nenas de 1º de Primaria que viñeron a cantarnos unha canción que aprenderon eles cando estaban no noso curso. Foron xeniais e cantaron moi ben... aínda que bastante alto. Quen sabe, posiblemente en dous cursos, seremos nós os que teñamos que cantarlles aos que estén en 2º de Infantil. Será divertido! Ah! Tamén fixemos un picnic!


Food feel bag
Logo de saber o vocabulario, un dos xogos constaba en escoitar o que nos pedía Ana ou un compañeiro ou compañeira e collelo da bolsa sen mirar. "1 biscuit, please!", "2 bananas and 1 apple, please!", "1 sandwich and 3 sausages, please!"...



Food hide & seek
Outro xogo era atopar a comida que escolleramos ou nos tocou e que algún compañeiro ou compañeira se encargou de agochar pola aula. O difícil e complicado non só era buscar senón gardar o segredo cando o que atopabamos non era o noso...



Primary 1 comes to sing
Que afortunados que fomos! O grupo de 1º de E.P. veu á nosa aula a cantarnos unha canción que estabamos a aprender... "I like bananas!". 



Food colouring ws
Unha das actividades que nunca falta é a de colorear aquelo que estamos a traballar.

Food game and song
Outro dos xogos era escoitar unha canción sobre comida e colocar as palabras que escoitabamos por toda a aula e logo cantar a canción en grupos e buscar os debuxos das palabras clave e correr onda eles e zampalo. Outra variante era ir só aos debuxos da comida que nos gusta e sentarnos no chan cando non.


Food picnic
Unha das cousas que máis nos gustou foi, que ao rematar o proxecto e para celebrar todo o que aprenderamos, fixemos un PICNIC! Isto xusto antes de que nos viñeran recoller á saída do cole. Tiñamos unha fame... A nosa intención era facelo fóra ao aire libre, como todo bo picnic, pero levaba varios días chovendo con ganas, polo que finalmente montamos todo na nosa aula. 
Puxemos un mantel vermello moi bonito enriba da alfombra e dispuxemos toda a comida sobre este e cando estivo todo listo... repartimos a comida!!!
Comemos bananas, apples, chocolate sandwiches e buscuits, e para beber tomamos water. E como non podía ser menos, ao rematar, recollemos todo entre todos e todas porque nos encanta colaborar e axudar sempre que podemos e nos deixan.

See you soon!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!