23 de abril de 2013

Proxecto como nacemos-os bebés en 3º EI

Por fin, despois de tanto tempo con este proxecto, estamos aquí para poder compartir un anaquiño da experiencia durante todo o curso con vós. 
A verdade é que preferimos contárvolo agora cara ó final do proxecto en lugar de por partes ao longo do curso para que teñades unha visión un pouco máis completa do que supón traballar por porxectos nas nosas aulas.

O inicio de calquer proxecto ven sempre marcado por un acontecemento ou situación que desperta un interese especial en nós, e comezamos a facernos preguntas, a debater  e....en definitiva a poñer a nosa cabeciña a andar.
Neste caso o punto de partida foi Cris, a mamá de Ángel, que cando comezamos o curso démonos conta de que a súa barriga estaba a medrar cada día máis. En canto aparecía na porta da aula para recoller a Ángel todos e todas corriamos a vela. a tocar a súa barrigoliña, a preguntarlle que había dentro, cando sairía o bebé etc...... 
Así empezou a nosa curiosidade por saber como comía o bebé alí dentro, como podía respirar, si se movía ou non, cando sairía e como, como sería o bebé......
Polo que  decidimos recoller nun panel ben grande aquelas cousas das que falabamos constantemente, para así poder recoñecer o  que xa sabiamos e o que queriamos saber. 
panel
  
Despois no propio panel fomos engadindo aquelas cousas que traiamos da casa para ir recabando a información: fotos de cando eramos bebés, datos de como, cando, onde nacimos, como eramos cando nacimos....
Durante moitos días escollemos o xogo de bebés nos rincóns de aula e, mirando revistas e buscando imaxes na rede descubrimos unha xenial forma de levar aos bebés, ben pretiño das súas mamás e papás que é como máis lles gusta ir. E practicamos claro que si, aquí nos podedes ver cos nosos portabebés.
porteando
 Xa vedes que fommos indagando naqueles temas que a nós nos preocupaban, somos nós os que decidimos que rumbo toman as nosas aprendizaxes guiados pola nosa profe. 
Tamén fomos recompilando información de moitas e moi variadas fontes: por unha banda as nosas familias nestes proxectos son moi importantes. Elas nos axudan a respostar a moitas das nosas preguntas...quen mellor que elas para contarnos cousiñas de cando nacimos verdade?? Pero tamén nos axudan a buscar información en internet, nos libros e revistas que temos na casa e  nas bibliotecas. 
No cole tamén fixemos a nosa busca en internet, nas aulas, na biblioteca do centro e na biblioteca Nodal. Toda esa información estivo na aula para seleccionala, clasificala e porcesala. 

libros
  

Os días foron pasando e...por fin chegou o gran día!!!

 Con tan só 15 días de vida tivemos na aula unha visita do máis especial: A MAMÁ DE ÁNGEL CO BEBÉ. Podedes imaxinar o emocionate que foi para nós poder ver, tocar, ulir, sentir a presenza daquel bebé que durante tanto tempo imaxinamos!. 

daniella2
daniella1
 Foi uha tarde moi moi especial. Fixémoslle a Cris un montón de preguntas sobre o nacemento e tamén coidados que un bebé tan pequeniño requiren. E sobre todo admiramos a Daniella, sorprendeunos o seu olor, suavidade da pel, delicadeza...cantas ganas de achuchala.

 E esta visita fixo medrar aínda máis se cabe o noso interese e a  intensidade do proxecto, xa non só no que se refire ao nacemento dos bebés, senón que quixemos ir recollendo información sobre nós mesmos.

medimonos
 Entre outras cousas chamounos moito a atención o que medramos dende que nacimos. Así que decidimos medirnos agora e así poder comparar co que mediamos cando nacimos. Comparando entre unhas medidas e outras sorprendeunos que a pesares de ser agora bastante distintos en medidas, cando nacimos eramos todos e todas moi parecidos.  

E con todas as reflexións e información que fomos recollendo, quixemos facer un libro con aquelas cuestións que nos paeceron máis importantes de como nacimos nós. A súa elaboración foi longa e complexa xa que cada páxina do mesmo requería de nós un proceso de reflexión, selección e reproducción do aprendido importante.
mami embarazada
 Queremos amosarvos aquí unha das páxinas nas que representamos ás nosas mamás embarazadas. O texto que acompaña a esta ilustración fixémolo no ordenador e despois imprimímolo e recortámolo para editalo.  

Con  todos os contidos que  acordamos que encheriamos,  editamos o noso libro e coa axuda duns cartaces que tiñamos de refugallo fixemos as follas nas que pegamos os textos e ilustracións (con diferentes técnicas-debuxo, platilina, collage....) que despois cosimos con cordón de algodón. 
Fixemos a portada na que figura o Título (cada un escolleu o seu), autores/as e ilustradores/as así como a Editorial Galén. 
E antes de levalos para a casa, quixemos expoñelos no corredor para que os que gustaran  puideran  botarlles un ollo ás nosas historias

llibros
.  
 E así foi como estivemos nin máis nin menos que 7 meses con este proxecto que tanto tanto nos enriqueceu e no que con tanto gusto estivemos a traballar. 
O que vos amosamos  aquí é só unha pequena mostra, as verdadeiras aprendizaxes e experiencias as levamos dentro cada un de nós. 
Queremos dende aquí agradecer a todas as familias a súa colaboración no proxecto e especialmente a Cris xa que sin a súa implicación todo esto non sería posible. Millóns de gracias!!!

1 comentario:

  1. Ohhhhh pero que cucos os nosos nenos ehhhh!!! e como investigaron, canto canto canto!!!!
    O proxecto foi largo largo jejejej, durante estes meses e certo que nos rimos e disfrutamos moito con él, sobre todo ca curiosidade dos peques!!!!
    Alegrome moito que esta vivencia fora tan interesante para eles!!!!!
    Cada día siguen máis e máis curiosos con Daniella, jejejeje.
    Xa lles daremos prontiño outra visitiña para que siga medrando o seu interés.
    Un abrazoooooooo
    Cris

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!