11 de febrero de 2013

Viva o Entroido!

Chegou o Entroido ao cole Galén e trouxo con el moitas actividades ao longo de toda a semana!
Si, si, esta festa é unha das máis esperadas por todos e todas e non só pola festa de disfraces senón tamén porque cada día o adicamos a unha cousiña: facer caretas, cociñar ricas sobremesas propias destas datas, facer disfraces e maquillaxes nas que participamos os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria.

O luns fixemos caretas e convertémonos en lindas ratiñas e ratiños, coelliños e sperheroes e superheroínas.
caretas 2
caretas1


 O martes foi superespecial non só porque iamos a maquillarnos senón porque, como todos os anos, contamos coa colaboración de papás e mamás no obradoiro....e foi xenial!! grazas a todas e todos é un gusto poder compartir tempos e espazos con vós.
maquillaxe 8
maquillaxe 1
maquillaxe 2
maquillaxe 3
maquillaxe 4
maquillaxe 5
maquillaxe 6
maquillaxe 7

O mércores cociñamos. En infantil e 2º Ep fixemos rosquillas e en 1º ep atrevémonos coas tradicionais filloas.... e saíron deliciosas!
cociña
cociña3
cociña2

O xoves adicamos a tarde a rematar algúns disfraces e os nenos e nenas de infantil confeccionamos uns estupendos accesorios: garabatas, lazos e penachos de plumas.

Foi un Entroido moi moi intenso pero.......aínda queda por contarvos o que aconteceu o día da festa final!!! 

3 comentarios:

  1. realmante ha sido una fiesta de carnaval muy especial,para los niños siempre es especial pero este año muyyyyy especial para los papas,lo hemos pasado genial!!! yame tarda que llegue la proxima fiesta,je,je
    felicidades profes por hacernos complices!!

    ResponderEliminar
  2. Jullián Segura11 febrero, 2013 19:10

    la complicidad que hemos tenido estos días entre profesores y padres ha sido muy gratificante y considero que a la par muy importante de cara a la involucración nuestra (como madres y padres) en la educación de nuestros hijos.
    Lo hemos pasado genial y hemos disfrutado como siempre de las actuaciones de los alumnos.
    Esperemos que ellos tb disfrutasen de nuestras actuaciones.
    Personalmente he disfrutado muchísimo.
    gracias a todos, alumnos, padres y profesores por el derroche de ilusión llevado a cabo.

    ResponderEliminar
  3. Grazas Ana e Julián. Para nós tamén foi xenial compartir esta festa tan especial con vós, e os nenos e nenas de seguro que o gozaron. GRazas a todos os papás e mamás foi un entroido moi especial.

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!