29 de enero de 2012

Iniciamos obradoiros internivelares

Como sabedes gustamos de facer cousiñas mesturándonos nenos e nenas de diferentes idades. Este curso, como os outros, temos moitos momentos compartidos entre as aulas de Educación infantil pero tamén cos nenos e nenas de 1º EP.

Dende inicio de curso os nenos e nenas da clase dos golfiños e 1º EP, todos os luns, estivemos a facer dous obradoiros: horto e experimentos e ademais de pasalo xenial aprendimos moitas cousas máxicas.

Agora dende o incio do segundo trimestre tócanos incorporarnos aos tigres e aos soles, e os obradoiros que temos en marcha son : "Horto", "Corpo", "Somos artistas" e "Cociña".

No obradoiro de Horto iniciamos os primeiros traballos para ir preparando a terra e poder sementar. Tamén recollimos a folla e xuntámola para o compost.
horto1
horto2

No obradoiro que chamamos "Corpo" imos experimentando sensacións do noso propio corpo, a relaxación individual e tamén as masaxes en parellas. Fixemos tamén un taller de apertas que nos deixou un moi bo corpo a todas e todos e gozamos destes momentos de expresión de emocións e compartir cos demais estas xeniais sensacións.
masaxes
masaxes2
abrazos 4
abrazos 3
Abrazos2
abrazos1

No obradoiro de cociña empezamos polos "Enroladiños de salchicha" que nos saíron requetedeliciosos.

cociña3
cociña 2
cociña

No obradoiro "Artistas", grazas á nosa creatividades e un pouco de maxia, fixemos estes fermosos botes de sales de cores:
artistas 1
artistas1
artistas2
artistasss
artista

E seguiremos ao longo de todo o curso con estes obradoiros nos que ademais de aprender e sentir, gozamos do tempo compartido con outros nenos e nenas de idades diferentes e con necesidades tamén diferentes pero moi moi compatibles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!