6 de junio de 2011

Piratas, a aventura.

Xa...xa sabemos que non cumplimos o prometido...que as fotos non puideron ser antes....pero é que a aventura vivida foi tan intensa que non tivemos nin un segundo para poder subilas.
Así que agora toca contárvolo todo...ou case todo porque as grandes emocións... son difíciles de contar.

Pois o día de praia na Illa de Irás e si volverás foi inmellorable, locía o sol pero non demasiada calor, así que tomamos o bocata e xogamos na area...e na auga!!! Esta parte foi a máis emocionante. Estaba algo fría pero non importou.
Collage de Picnik
De volta na viaxe descansamos un anaquiño para recuperar forzas e poder gozar da dramatización en Inglés que nos tiñan preparada no cole. Coñecimos ao auténtico Capitan Hook que nos ensinou as tres premisas básicas para ser auténticos piratas.
Collage de Picnik

Despois da ducha en cuberta...puxemos as pixamas, enchimos as nosas panzas xa que como dicía o conto: un pirata é máis valente coa barriga chea!!! e por suposto saímos fóra para gozar dun grande lume de campamento, música e bailes ata caer rendidos. A eso das 23:00 marchamos aos camarotes coas nosas capitanas (ás tendas de campaña coas nosas profes) e do cansos que estabamos durmimos rápido e ben, toda a noite!!
noite

Ao día seguinte, xa con forzas renovadas adicamos todos os nosos esforzos a converternos en piratas, e nos obradoiros elaboramos un catalexo, un pano para a cabeza e un parche, que xunto co noso loro facía de nós os mellores piratas dos sete mares!!!!
obradoiros
somos piratas
grupo piratas

E así foi a nosa aventura, emocionante, divertida e moi moi intensa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!