22 de junio de 2011

E xa rematou!!!

Si si, xa rematou o curso e agora chega o verán para que gocemos da praia, da natureza, do sol, dos xogos e da nosa familia. E para despedir o curso tivemos un montón de actividades que nos falta por contarvos así que ...aí vai.

As actividades comezaron o pasado venres 16 con churrascada no cole que compartimos coas familias de todos os nenos e nenas: tortillas, empanadas e o delicioso churrasco fixeron do xantar todo un pracer. Os cafés, doces e refrescos puidemos degustalos na cafetaría que os compañeiros e compañeiras de 4º ESO montaron para recadar fondos para o vindeiro ano irse de excursión. Todo un éxito!!
E despois de encher as barriguiñas e xogar por fóra,´puidemos gozar da historia "A guerra das Galixias" dos títeres Cachirulo. Rimos moito!
DSC02195
DSC02191
DSC02196

O luns 20 acompañounos o sol e a calor e pasámolo bomba cos xogos de auga: mollar-mollarnos, baixar polo tobogán de auga, encher-baleirar cacharros...en fin, que a auga é un elemento do máis divertido.
DSC02265
DSC02251
DSC02209

O martes fomos de excursión a Rábade, ao centro Santo Anxo, onde nos esperaban Enrique e Alberto que, coma sempre, nos contaron cousas moi interesantes sobre as aves: como nacen, como as coidan, os nomes e características peculiares de algunhas especies, onde aniñan, que comen....e unha chea de cousas que despertaron a nosa curiosidade se cabe aínda máis. Grazas Alberto e Enrique é un gustazo pasar o día con vós.
DSC02303
Enrique descubríndonos os agochos dos patos
DSC02299
Alberto coas plumas de cores e as dos pavos reais

Collage de Picnik

E grazas unha vez máis aos papás e mamás que nos acompañaron, que ademais prepararon e compartiron con nós xogos pola tarde. Dá gusto pasar o día con vós.
DSC02310
Collage de Picnik
Collage de Picnik

E xa como remate final o mércores á mañá foi tamén moi intensa: recoller as nosas cousiñas da aula, xuntar os traballos do trimestre, almorzo especial no comedor, xogos no castelo hinchable.....e despedirnos dos compañeiros e compañeirsa e das mestras ata o curso que vén. Todos e todas iniciaremos unha nova etapa nunha nova aula e con moitas moitas experiencias pendentes que vivir como as vividas ata agora.

Foi un curso estupendo, cheo de emocións e experiencias que nos fixeron avanzar, sentirnos cada día máis capaces e autónomos para decidir sobre nós mesmos e o noso contorno e todo o aprendido está en nós mesmos, pouco a pouco o iredes vendo.

Ata o curso que veeeeeeen!!!!!

AH!!! e non deixedes de visitar o blog de cando en vez que publicaremos algunha cousiña ao longo do verán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!