5 de abril de 2011

Mamás nas aulas

Na clase das Estrelas Exploramos o universo con María, a mamá de María.
Coma sempre resúltanos moi grato falar das visitas dos nosos pais e nais que coa súa colaboración e esforzo consiguen ilusionarnos traéndonos información moi interesante e divertida ao mesmo tempo.

Neste caso foi María a que nos visitou para, durante a tarde do venres, levar a nosa imaxinación polo universo e explorar moitas das cousas que alí podemos atopar.

Falounos das constelacións, que están formadas por estrelas e teñen distintas formas. Ensinounos algunhas destas formas e o nome que recibían, por exemplo a Osa Maior, e logo disto, deixamos voar a nosa imaxinación para crear a nosa propia constelación! Algo que nos encantou, porque como xa sabedes, imaxinación non nos falta!

Tamén nos contou que hai unha constelación moi especial que tén a forma da cabeza do rato Mickey e que recibe o nome de Disney. Como xa vos imaxinades, foi a nosa favorita.

Seguimos a nosa viaxe polo universo e descubrimos que as estrelas teñen distintas cores, algunhas son azuis, outras brancas e outras vermellas.

Logo disto fixemos un obradoiro moi entretido e orixinal que ademais era un regalo para nós. Tróuxonos unhas bolas de plástico transparente dentro das cales metiamos unha estrela de cartón, decorámolas cos anaquiños de plástico de cores e por fóra estaba escrito o nome de cada unha das estrelas, que somos nós, con pintura fosforescente (esto gustounos moitísimo). Logo puidémolas colgar e ver o noso nome e a estrela brilar de noite. Ao tempo que faciamos estrelas contounos unha historia na que os protagonistas eran dez estreliñas, que casualidade! Á profe tamén lle trouxo unha e...fíxolle moita ilusión!

Gozamos moito con esta visita, como con todas, e encantaríanos que sigades facéndoo, porque para nós é moi divertido e emocionante, e coma sempre darvos as grazas polo voso apoio e implicación na nosa aventura de medrar!

maría 2
maria 1
maria 3

Pintamos camisetas
Na clase das landras tivemos a sorte de contar con Ana, a mamá de Carlos, que nos trouxo unhas camisetas con landras debuxadas que nós coloreamos e que pronto levaremos para a casa. Fíxonos moita ilusión poder decorar coas nosas propias mans a roupa que levaremos os días de sol coma hoxe, e que seguro luciremos moi orgullosos e orgullosas.
carlos 2
mama carlos
landras camisetas

Xa vedes cantas visitas e colaboracións estamos a ter!!! Queda pouco de curso así que se tedes ganas de vivir esta emocionante experiencia non vos demoredes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!