25 de octubre de 2015

Con ganas de...Rock!!

Si, si, como ledes. As nenas e nenos da clase dos Tiburóns iniciamos as clases de música con mooooitas ganas de inicar proxectos novos. 
O primeiro día de clase estivemos a falar de aquelas cousas relacionadas coa música que nos interesaba investigar, probar, coñecer....E fixemos unha lista.
Entre outros proxectos que xurdiron o que máis paixón desataba en nós era traballar a música Rock,
Así que....mans á obra!!

Xa sabiamos moitas cousas sobre este estilo de música, algúns de nós inlcuso coñecemos xa a algúns grandes músicos internacionais e ....acordámonos tamén de que no noso cole hai un músico roqueiro que toca a guitarra eléctrica e é profe na Escola de Música Cantarela: MUS.
Así que...o seguinte paso foi convidalo a vir á aula e que nos puidese ensinar ben de preto o instrumento, as súas características, as partes e o seu nome e por suposto....queriamos probar a tocala.

E así foi
guitatta elect1 guitarra electrica3 guitarra electrica2
Aprendemos cousas moi interesantes e o nome de moitas das partes: altavoces, trastes, palanca, clavixas e como a guitarra se complementa co amplificador....("ampli mola máis jeje") pero o que máis desexabamos era oílo tocar a el algunha canción de rock que fixese mover o noso esquelete e por suposto...pode tocar nós (con e sen púa).

guitarra electrica4

Foi un ratiño intenso e cheo de excitación. Grazas Mus por compartilo con nós. Imos seguir investigando!!!!





22 de octubre de 2015

21 de octubre de 2015

Estadía de 1º EP en Trevia

Os nenos e nenas de 1º EP estamos a  vivir as nosas primeiras experiencias en Trevia, a nosa aula de natureza.
FOTO BLOG 1ºEP
Chegar a primaria está a ser unha aventura ben intensa e ...ademais de irnos facendo maiores, conleva algún que outro cambio que estabamos desexando experimentar como  as estadías.
Son tres días de descubrimentos e aprendizaxes en contacto directo coa Natureza e contando coa compaña de Elia que nos axuda a gozar da mesma e a coñecela.
Pero non vos contamos máis aquí.... que mellor que visitedes o blog de Trevia e nos sigades día a día.
Un bico!!!


18 de octubre de 2015

Obradoiros para a tarde do martes

As nenas e nenos de 1º e 2º de EP inciamos xa os obradoiros dos martes.
As nosas profes estaban un pouco emocionadas con todo o que nos tiñan preparado.
No de música descubrimos a forma na que  os contos poidan ser   máis intensos se cabe  e  de que o noso sentido do oído se agudice......
E....como? pois creamos un conto con música ou fixemos música cun conto.. como  máis vos guste.

foto 1

foto 2
foto 3

Con Selene, a profe do obradoiro de inglés, mergullámonos no conto da Carapuchiña Vermella: cantamos, bailamos, pintamos, interpretamos... 
Cantas emocións..! e canto traballo..!
foto 4
foto 5
foto 6


Tamén escribimos cartas, coma as de antes! de amor, de amizade, con palabras bonitas e debuxos cheos de cores para as nosas amigas e amigos doutras clases, cos datos moi clariños para que chegara aos seus destinatarios. 
E xogamos a ser escritores e ilustradoras do noso propio libro. Gustaralle aos nosos compañeiros e compañeiras!
foto 7
foto 8



Foi moi emocionante convertermos por unha tarde en alumnos e alumnas da ESO e BAC para ir á aula de informática. Que maiores nos sentimos utilizando as súas cadeiras e ordenadores!
E que fan os maiores???..pois traballar! A ver: o rato, a pantalla, o procesador.. pero aínda nos quedou tempo para xogar! Podemos volver outro día?

foto 9
foto 12
foto 11
foto 10



Nos vindeiros martes......moito máis!!!!








16 de octubre de 2015

Robby's Birthday 2015




O pasado venres nove de outubro, os nenos e nenas da clase dos Tiburóns  tivemos una celebración moi especial: o aniversario de Robby!
Non só fixemos una festa por todo o alto senón que tamén quixemos celebralo con un  debuxo e unha tarta de cenoria para agasallar a Robby neste día tan especial! 
E para que podades compartir con nós tamén ese momento especial aquí tendes o vídeo que fixemos.