21 de octubre de 2015

Estadía de 1º EP en Trevia

Os nenos e nenas de 1º EP estamos a  vivir as nosas primeiras experiencias en Trevia, a nosa aula de natureza.
FOTO BLOG 1ºEP
Chegar a primaria está a ser unha aventura ben intensa e ...ademais de irnos facendo maiores, conleva algún que outro cambio que estabamos desexando experimentar como  as estadías.
Son tres días de descubrimentos e aprendizaxes en contacto directo coa Natureza e contando coa compaña de Elia que nos axuda a gozar da mesma e a coñecela.
Pero non vos contamos máis aquí.... que mellor que visitedes o blog de Trevia e nos sigades día a día.
Un bico!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!