Vaia día que levamos... e o que nos queda.
Logo de aproveitar a tarde ao máximo xa estamos no cole. Primeiro unha ducha revitalizadora e a continuación unha boa cea antes de choutar un pouco a ritmo de música. Todo isto rematará coa agardada acampada no cole.
Mañá xa vos contaremos como foi a noite xa que esta promete!!!
Moitos bicos para todas e todos e boas noites.
12 de junio de 2014
1º e 2º EI ESTAMOS NA PRAIAAAA!!!
Aquí chegan ben fresquiñas as primeiras fotos dende a Praia de Cabanas! O
día está marabilloso, perfecto para nós... sol radiante, corre brisa e
hai unha sombras xeniais para un rico almorzo!
Mirade que guapísimos e guapísimas estamos e o impresionante día que nos
acompaña!
Seguiremos informándovos, só dicirvos que o estamos a pasar xeniaaaaal e que aínda nos quedan moitas máis aventuras e emocións por vivir!!!
Biquiños mil das Bolboretas!
ROBBY AT LÚA'S HOUSE!!
Hi everyone!!
Aquí estamos de novo para amosar as experiencias vividas por Robby na súa estancia con Lúa e a súa familia hai uns días. Ao saír do cole marcharon para a casa e coma xa fixera con Patch, xogaron a reo, deron de comer a Ío, aseáronse, e seica tamén estiveron un bo cacho de palique mentres descansaban unha miguiña antes de marchar a durmir. Esta noite non houbo nin conto xa que estaban derrengados. Foi un día moi intenso.
Aquí nos quedan as fotos, que coma sempre tanto vos agradecemos que compartades con todos nós e que agardamos vos gusten tanto coma nos gustan a nós!
See you very soon!!
11 de junio de 2014
Saída Garabullos, Venres 30 de Maio
Ola a todos e todas! O prometido é débeda... aquí vos amosamos o que foi o noso derradeiro día en Garabullos.
O primeiriño de todo... un saudable e completo almorzo para repoñer as forzas despois da divertida pero extenuante festa do día anterior.
Unha vez cargadas as pilas dispuxémonos a dar de comer aos animais, tarefa que descubrimos é moi gratificante, ademais de conlevar moita moita responsabilidade o feito de ter animais ao noso cargo! Tamén aproveitamos para despedirnos deles!
Logo de cumprir coas nosas responsabilidades chegou outro momento co que gozamos moitísimo, chegou a hora de XOGAAAAR!!!
Fixemos dous grupos: o equipo vermello e o amarelo e realizamos diversos xogos de habilidade, estratexia, velocidade, relevos e moito moito compañeirismo! Mirade que beeeeen o pasamos!!!
Fixemos dous grupos: o equipo vermello e o amarelo e realizamos diversos xogos de habilidade, estratexia, velocidade, relevos e moito moito compañeirismo! Mirade que beeeeen o pasamos!!!
Comezamos coas carreiras de sacos, síííí, semella moi sinxelo pero... ten o seu aquel!!!
Hai que ser moi hábiles e moi importante: manter o equilibrio!
Fomos malabaristas-equilibristas e paseamos os ovos por tooooda a granxa!
Fixemos carreiras de relevos nas que a atención e a colaboración son taaan importantes!
E ate nos convertemos en carretillas, participando por parellas...
Non fai falla que vos digamos o divertidísimo que foi, é dabondo con vernos nas fotos!
Semella que a Meiga da Lagoa fixo das súas xa que... de súpeto
medráronnos unhas loooongas colas que, por equipos, tivemos que ir
quitándonos!
Uffff despois de tanto exercicio xa tiñamos famiña, así que... A COMER, A COMER, A COMER!!!
Mmmmmm que rica estaba!
Ao rematar recollemos todas as nosas cousas e despedímonos de todos e
todas. Custounos un pouquiño porque foron tres días moi moi intensos,
cheos de emocións e grandes experiencias... e deunos pena dicir adeus,
tanto aos monitores e monitoras coma aos animais que tanta compaña e
agarimo nos deron!
Por isto, porque nos sentimos moi ben acollidos e coma na casa, gustaríanos dar as grazas a Judit, Manu, Alba, Edu, Yoli e Patri, que compartiron con nós o seu fermoso lar!
Oooooohhhhhh vaia sorpresa nos agardou ao irnos, cando xa estabamos arrancando no bus apareceron a Meiga da Lagoa e Lume para despedirse de nós!
E o máis fermoso e abraiante é que chegamos convencidos de que en Garabullos a maxia existe, ao igual que no cole, e que TODO pode pasar! Mirade, mirade, así vedes como son!

Seguimos no bus, rumbo a Galén, desexando atoparnos cos nosos papás e
mamás, aos que taaaanto botamos de menos e cos que desexabamos compartir
todo o que vivimos e compartimos na nosa saída... sobre todo amosarlles
o maiores que somos e o BEN que o fixemos!!!
Mirade que cariñas máis lindas e cansas traiamos no bus de volta!
Biquiños mil das Águias e dos nenos e nenas de 1º EP!!!
9 de junio de 2014
Saída Garabullos, xoves 29 de maio
Ola!!! Como prometemos, aquí vos deixamos a entrada do segundo día das Águias e 1º EP na Granxa-Escola Garabullos.
Levantámonos ben cediño, logo de pasar unha boa noite de descanso moi merecida e preparámonos, abrigándonos moito xa que o día non acompañou os nosos ánimos. Comezamos cun bo almorzo con zume, leite, galletas, cereais, torradas... para coller forzas...
Ao rematar o almorzo dispuxémonos a cociñar unha exquisita pizza para o xantar e... dada a nosa dilatada experiencia foi coser e cantar.
A pizza quedou non forno e nós mentres aproveitamos que chovía pouquiño para saír ao porche a xogar e darlles uns mimos aos cans e ocas que estaban tamén gorecéndose da choiva.
E chegou a hora de comer... coma sempre canción para comezar e "a mangare"!
Coas barriguiñas cheas algúns e algunhas de nós fomos durmir unha pequena sesta mentres os demais quedamos a xogar a diversos xogos: lóxica-matemática, construcións, puzzles, baralla... todo vale para pasar unha tarde de choiva acarón do lume...
Pola tardiña puxémonos mans á obra con outro obradoiro no que elaboramos ambientadores totamente naturais con herbas e flores que fomos recoller polos arredores da casa. Precisamos: vaso de iogur (reutilizado), recortes sobrantes de teas, cordeis e flores e prantas aromáticas.
O primeiro paso é decorar papel para pegar arredor do vaso de iogur e que quede máis bonito. Logo metemos as flores e follas, tapamos coa tea, cerramos cos cordeis e... ambientadores feitos!
Parece moi sinxelo, pero hai que ter arte e nós temos moita!

Unha vez rematados os ambientadores e cun arrecendo moi agradable no ambiente, chegou o momento de bailar e cantar, mirade que ritmo temos... aínda que as fotos non nos fan xustiza!
E por fin... parou de chover! Á carreira preparámonos con botas de auga e abrigos para aproveitar e xogar un anaco fóra antes de que anoitecese.
Coma sempre foron xogos cooperativos nos que a única finalidade foi a de pasalo moi ben e facer exercicio, queimando toda esa enerxía que, como sabedes, temos de sobra.
Grrrrr os nosos bandulliños pedían comida logo de tanto exercicio físico polo que... a ducharnos e poñernos guapísimos e guapísimas para a festa e.. A CEAAAAAAAR!!!
Esta cea era moi especial para nós, primeiro porque comimos a pizza que fixemos e segundo porque era a derradeira cea en Garabullos e o preludio da festa que nos agardaba máis tarde! Estabamos moi impacientes xa que nos encanta a pizza, e máis se a facemos nós, que neeervios!
Gustarialles aos monitores e mestras? Agardamos que sí porque a elaboramos con moito agarimo! Mirade que pintazaaaa!

Unha das pizzas era de polo con mazá e a outra: xamón cocido con champiñóns mmmmmm riquíííísimas!
Fíxose de noite en Garabullos e comezou a festa, mirade o ben que o pasamos bailando, cantando e xogando!
A nosa festa foi taaaan xenial que tivemos dende nenos e nenas moi acicalados e guapos até Spide-Mans, romanos e bailarinas!
Uooooaaaai que soniño máis rico nos foi entrando conforme fomos esgotando as enerxías que nos quedaban logo de pasar outro longo e divertido día en Garabullos!
Pouco a pouco fómonos deitando e caendo nos brazos de Morfeo... así que aquí vos deixamos até a vindeira e derradeira entrada do que foi a nosa saída.
Biquiños para todos e todas das Águias e os nenos e nenas de 1º EP!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)