24 de marzo de 2014

Guitarreando con Paula e Icía

Durante todo o curso temos a oportunidade de coñecer moitos instrumentos musicais. Nesta ocasión o especial foi que Icía e Paula, irmás de Aldán de 3º EI e Marcos de 2º EI, viñeron a facer de profes e presentáronnos un instrumento que elas coñecen moi ben, a guitarra. Ambas son alumnas da Escola de Música Cantarela e compartiron con nós algunhas das cousiñas que neste tempo puideron aprender. Contáronnos algo sobre a historia da guitarra e os seus antepasados, o laúde e a guitarra barroca, amosáronnos o son deses dous antigos instrumentos e tocaron a dúo unha canción chulísima. Tamén puidemos facer algún xogo cos sons agudos e graves. Finalmente fixemos o que máis nos gusta sempre, probar a guitarra!!!!

Foi un día moi especial no que aprendemos moitas cousas.

Dende aquí queremos agradecer a Icía e Paula vir a compartir con nós esa tarde tan divertida. 1 4 7 9 8 5 6 3 2

23 de marzo de 2014

Unha aventura no castelo!!

O pasado mércores tivemos unha saída moi especial. Fomos a un Castelo... " A Fortaleza de San Paio de Narla". Os nenos e nenas estivemos moi sorprendidos e atentos a todo o que alí había e ao que nos contaba Paquita, a ama de chaves deste máxico lugar. Ademais tiñanmos moitas sorpresas preparadas. Xa veredes!!!! 
 Primeiro unha pequena bruxiña presentounos o Castelo nunha pantalla moi grande e contounos moitas cousas .que alí aconteceran. Conchita explicounos quen vivía no castelo: o rei, a raíña e os criados e criadas e tamén nos contou a que se adicaban cada unha das persoas que aquñi vivían hai xa un cento de anos.


Chegada San Paio
 

E comezamos a visita... Había moitas cousas antigas e vimos como vivían e o que utilizaban na terra: zocas, un abrigo feito con herba seca, os cestiños para apañar millo, un carro que tiraban os bois, os fusos para facer fío... unha chea de cousiñas que se  utilizaban hai xa moitos, moitos anos!!!
 

Castelo 1
 

Castelo 2


 Seguimos a nosa visita, e para a nosa sorpresa atopamos á Princesa do castelo dentro dunha das carrozas que utilizaban para ir de viaxe. Estaba vestida cun fermosísimo vestido e estivo falando un ratiño con nós. 
Menuda sorpresa!!!


A princesa de San Paio
 

Cando chegamos á cociña había unha gran mesa cos ingredientes preparados para facer rosquillas... E  alí estivemos,  preparándoas para metelas no forno e despois almorzalas. Xa eramos grandes expertos rosquilleiros e rosquilleiras e as fixemos nun periquete. E o que máis nos emocionou deste momento foi preparar o lume!!! si, si, cada un de nós meteu un pauciño na lareira para acender o lume.

San Paio Rosquillas 3
 


San Paio Rosquillas 2


San Paio Rosquillas 1


San Paio Rosquillas 1

 Cando rematamos Paquita deixou encargada a unha bruxa moi divertida que vivía no Castelo para que nos mirase o forno e as rosquillas mentres nós seguíamos buscando os seguintes personaxes. Non tardamos moito en atopar a unha Fada con unha variña máxica que estaba a fiar cunha roca (igualiña que a do conto da Bela Durminte!) . E máis tarde atopamos a un cabaleiro cunha gran armadura. Mirade .... estivemos con eles a facerlles unha morea de preguntas un cachiño....


Personaxes San Paio
   

 E seguimos subindo e subindo polas que parecían interminables escaleitas da torre, e por fin chegamos á parte máis alta da Fortaleza de San Paio de Narla. Tiña unhas vistas marabillosas e podíamos ver ata moi lonxe, pero nós estivemos no medio nun gran corro....


Torre San Paio
 

E para rematar a nosa visita, cando baixamos estaba na cociña a bruxa cunhas fontes cheiñas de rosquillas para que almorzaramos. Despois de tantas emocións tiñamos moita, moita fame....

Almorzo
 


E así, deste xeito rematou a nosa visita á Fortaleza de San Paio de Narla. A verdade é que nos soubo a pouco e viñemos todos e todas moi contentos e emocionados.Seguro que na casa vos contamos xa a ventura...se non é así, mirade esta entrada con nós e xa veredes como temos moito que contar!!

 Bicos Mil

22 de marzo de 2014

Visita da mamá de Claudia

O mércores 12, na clase de 2º de EP tivemos unha visita!!! Viñeron Inés, a mamá de Claudia, e Estefanía!!!

foto 1

Aprendemos moitisimas cousas sobre primeiros auxilios: xa sabemos a quen temos que chamar en caso de accidente e tamén algunhas técnicas sinxelas que podemos levar a cabo para axudar a quen o necesite.

foto 2

Fixemos masaxes cardíacos utilizando balóns! Era moi canso porque había que facer 100 impulsos por minuto!

foto 3-2-2
foto 3-3
foto 3-4

 Agora sabemos que non é bo dar golpiños nas costas cando nos atragantamos.Non é útil! Hai que animar a toser e se non dá resultado é preciso facer a "Maniobra de Heimlich" para provocar a expulsión.

foto 4
foto 6
foto 5


 Gustounos moito todo o que aprendemos!! Grazas Inés, grazas Estefanía!! Fixestes un gran traballo!!

21 de marzo de 2014

Visita familias ao comedor

Todos os anos as familias de infantil veñen a comer con nós un día ao comedor. A nós encántanos compartir este espazo con elas e é un momento moi moi especial.
E este curso, dende xaneiro recibimos as primeiras visitas. Puxémonos un pouco nerviosos e ese día se nos fai menos fácil manternos sentados na nosa cadeira, comer ben e solos e solas,..... 
As familias que aínda non viñestes estades a tempo. Tendes  que falar coas nosas profes e escoller o día que poidades ou o día que máis vos guste o menú... porque xa sabedes que hai que comer todo o do plato!!!!! 

Animádevos a vir e recordade que os últimos meses temos moitas saídas e estamos moito máis ocupados, así que intentade organizarvos e vir antes de maio. 
Mirade as caras dos papas e mamas, que vos parece??? Seguro que os que aínda non puidestes  vir davos moita envexa....!!! Esperámosvos!




Collage Lúa



       Collage Aroa


             Collage Celtia


             Collage Manuel


            Collage Mateo


           Collage Pablo e Miguel
            Collage Aldán
                                                                                                                                 
            Collage Manoel