9 de diciembre de 2013

Visítanos Iria, a mamá de Celtia

Hai uns días tivemos en Infantil e 1º Ciclo de Primaria unha visita moi especial:  veu Iria, a mamá de Celtia, a facer uns "Obradoiros do Outono" moi orixinais.

As Bolboretas, Arañas e Águias elaboramos o animal que dá nome ás nosas aulas coas follas que caen no outono e que, como comprobamos cada ano... quedan chulísimas en todas as nosas creacións.


Obradoiros mamá Celtia
  

 Pero iso non foi todo... ao día seguinte voltou Iria (e as súas compañeiras) para darlle outro uso ás follas e fixemos un fermoso marco de fotos (ou de debuxos) decorado con elementos naturais! A verdade é que nos quedou moi ben, non? 

Obradoiros mamá Celtia 1


Obradoiros mamá Celtia 2

Moitas grazas pola vosa visita, pasámolo xenial  e agardamos que tanto Iria coma as súas compañeiras o pasaran taaaan ben coma nós.


   

4 de diciembre de 2013

O muíño de Sarria

O martes da semana pasada os nenos e nenas de segundo de primaria fomos ao muíño de Sarria. Alí esperábannos, sempre cariñosos, Ana e Leandro que dende hai moitos anos son os muiñeiros.


foto 1


O primeiro que fixemos foi entregarlles o noso trigo, tres ferrados. Axiña a moa se puxo a moer e o tarabelo a soar. Explicounos Elia que o ritmo da muiñeira ten a súa orixe nese son e que empezou a bailarse arredor dos muíños cando os mozos e mozas se reunían esperando a moenda. Vimos como se separaba a fariña do farelo grazas a unha enorme peneira. 
Encantounos que Leandro nos contase como intentaba manter aquel muíño que tiña máis de 500 anos e como se cambiaba a moa cando se deterioraba ou estaba demasiada limada. Sorprendeunos tamén cando nos explicou que nos muíños había un "Inferno". Axiña nolo ensinou e vimos que alí estaba o rodicio que era horizontal, como os dos muíños máis antigos. Ulimos, sentimos, vimos.. como se facían nubes de fariña que o cubrían todo...


foto 4-4
foto 5-5
 

Logo saímos a ver a presa e o caneiro do río. Ana indicounos o sitio por onde se aliviaba a auga cando había crecidas e o ben que se tallaban antes as pedras para que a erosión as afectase o mínimo.


foto 6-6

Ana, ademais, presentounos ao seu cadelo pequeno. Dábanlle un pouco de medo os nenos pero deixounos que o acariñaramos.
 Pasámolo tan ben que non queriamos marchar!! así que tras darlles un biscoito, que sabemos que lle gustan moito a Leandro, decidimos ir comer e despois volver buscar a nosa fariña recén moída.

foto 7


 Paseamos pola beira do Oribio observando como a auga que o muíño utilizaba volvía de novo, TODA!!, ao río, ata chegar a un parque con bambáns.
Puidemos observar gansas, parrulos, árbores... Xantamos, xogamos e gozamos moito dun día moi soleado. Xa de regreso ao Cole, coa nosa fariña, recordamos o ben que o pasaramos e a sorte que tiveramos de encontrar unha amiga e un amigo tan especiais como eran Leandro e Ana.




foto 8 -8
foto 9-9
 

Ao día seguinte, xa en Galén, nos puxemos mans á masa e fixemos pan. Amasamos, deixamos
repousar e enfornamos. Saíronnos uns boliños preciosos e aínda que lles faltaba un pouquiño de sal comémolos todos.


foto 10-10
.

Aniversarios de Novembro

Neste mes de novembro cumpliron anos...
...na Clase das Bolboretas: Miguel, na Clase das Arañas: Antía e na Clase das Águias: Sofía.
Mirade o maiores que somos xa!!! 


Aniversarios Novembro 2013 1

18 de noviembre de 2013

O bosque en Outono

O pasado venres, os nenos e nenas de  infantil visitamos o bosque que está preto da casa de Nicolás, da clase das Águias, na compaña de Gloria, a súa mamá, e as súas cadeliñas.
Foi ademais unha saída un tanto especial pois era a primeira vez que os nenos e nenas de 1º de infantil (a clase das bolboretas) saiamos de excursión e ... todos xuntos en autobús.Menuda experiencia!!!

En canto baixamos do bus estaba agradándonos Gloria con unha cestiña para recoller cousiñas polo bosque  e na compaña das catro agarimosas cadelliñas que nos acompañaron na camiñata polos arredores.
camiñata
A compaña de Pipa, Lúa, Greta  fixo que  o paseo fose aínda máis divertido: gustábanos moito acariñalas, a súa compaña prestaba e nos chamou moito a atención Pipa, que se pasou toda a mañá escarabellando no chan en busca de ratiños, toupiñas e...quen sabe que outros bechiños que detectaba co seu potente olfato. Mirade, mirade na foto que furado fixo!! casi se mete enteira dentro!
cadeliñas
Pipa
Fixemos unha longa camiñata  con moita ilusión de descubrir os segredos da aldea e do bosque no outono. Os máis pequechos fixémolo xenial e andivemos lentiños pero seguros e...sen separarnos!! somos un grupo!
camiñata 3
camiñata 2
Adentrámonos no bosque e atopamos un montón de cogumelos, follas de carballo e algún que outro becho que nos chamou a atención.
bosque

Tamén descubrimos un prado cheíño de dentes de león que...claro está! nos puxemos a soplar para ver voar as súas sementes diminutas como se fosen pequenos paracaídas. 
dente de León
dentes de león 2
 
Despois de tantas emocións e tanto exercicio precisabamos repoñer forzas, así que fomos a almorzar a casa de Nicolás e a xogar un ratiño no xardín da súa casa, onde vimos ás pitiñas e o agasallo que esa mañá deixara para os habitantes da casa. 
xogos
pita-ovo
 De camiño de volta ao bus vimos un cabeceiro onde se gardaba o millo para que non o comeran os ratos.
 grupo 
Foi unha mañá moi completa. Pasámolo xenial. Grazas Gloria por compartir con nós este paseo e abrirnos as portas da vosa casa. É un gusto contar con familias tan colaboradoras.

11 de noviembre de 2013

Magosto 2013


Chegou o tempo de outono, tempo das castañas e....como non o das festiñas como o Magosto con música, bailes e cancións.
Este ano, ademais de cancións que falan propiamente do rico froito, das adiviñas e poesías de castaniñas, traballamos na aula de música con cancións populares que a algúns de nós xa nos soaban de oílas nas festiñas populares ás que acodimos coas nosas familias. Aquela que fala dunha tal  Carolina que ten unha saia con un lagarto, ou a  das ondiñas do mar etc...

Foi unha festa na que todos e todas participamos con moitas ganas e ata aprendimos unha coreografía que os maiores de 1º BAC inventaron para a popular canción de "O Sacristán de Coimbra"...moi divertida!!

Nas aulas elaboramos as nosas caixiñas de castañas utilizando diferentes materiais de refugallo e enfeitándoos con diferentes técnicas: papeis de revista en infantil  e  follas naturais en 1º e 2º ep. A que quedaron chulos??

cucuruchos
Pero xa non vos contamos máis, só queremos compartir con vós as emocións vividas no video que aquí vos compartimos.