3 de febrero de 2016

Maquillaxe coas familias

E hoxe dende 1º de EI ata 2º de EP pasamos unha tarde do máis creativa nenos e nenas, profes e familias.
 Estivemos todos e todas moi a gusto e disfrutamos moito creando as maquillaxes que cada ano imos perfeccionando en técnica...non si familias máis expertas???

 Grazas a todas por facer destas experiencias un tempo moi agradable no que charlar, rir e compartir. Este ano como novidade....non só pintaron os papás e mamás senón que tamén se deixaron pintar...a ver se os/as  vedes nas fotos!!! 

maquillaxe1 maquillaxe2 maquillaxe 6 Maquillaxe 4 Maquillaxe 3 

Seguide atentos....mañá será unha tarde do máis...ummmmm...doce!!!
 

2 de febrero de 2016

Obradoiro de Caretas

Hoxe os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º EP inauguramos a semana de actividades de Entroido con un obradoiro de caretas.
En Galén xa sabedes que as festas son algo máis que ese propio día e....ademais de levar xa un tempo preparando os bailes, as músicas, os disfraces.....a semana previa á festa adicamos as tardes a facer cousiñas típicas destas datas que tanto nos gustan aos que somos tan festeiros e festeiras.
Pero tan só comezamos...seguide atentos cada día ao que acontece!!!

Aquí vos deixamos as fotos das nosas caretas:
Como non podía ser de outra maneira nas aulas de nfantil quixemos inspirarnos no nome das nosas clases: dragóns e tiburóns. A que quedaron chulas??
Caretas dragóns tiburóns

Os nenos e nenas de1º EP quixemos converternnos en Piratas
caretas piratas 1º caretas1ºep
e os de 2º ep, como xa somos algo maiores,  cada un escolle un modelo que despois decora como
máis lle gusta..... artistas non si?

caretas 2ºep























E mañá día especial a compartir coas familias....xa vos contaremos!





Aniversarios xaneiro


Neste mes de Xaneiro cumpliron anos...
Parabéns!!!

Cumples Xaneiro 16

21 de enero de 2016

Ambientes de Aprendizaxe

Este ano estreamos en Infantil unha nova organización dos primeiros momentos da mañá.
Imos chegando pouco a pouco á aula pola mañá, poñemos o mandilón, compartimos cos compis ou coas profes como nos sentimos ou algo que nos apeteza contar, ou simplemente recibimos unha aperta e bico de bos día que nos reconforta e nos dá moita enerxía pata iniciar o día.
E cando estamos todos e todas dispoñémonos a participar dos 3 Ambientes de Aprendizaxe que temos na Escola Infantil e que polos títulos podedes intuír que ofrecen cada un deles:

-Quero Ser, con Andrea
-Investigo, con Carmen
-Letras Máxicas, con Catuxa

E vós diredes...que son os Ambientes de Aprendizaxe.???
Pois son unha parte máis da nosa Metodoloxía Activa e Innovadora na que o principal protagonista da aprendizaxe é o neno/a e polo tanto precisamos da súa motivación e disponibilidade para aprender. Estes ambientes son uns espazos organizados, estructurados e dotados de materiais que facilitan esta actitude positiva do alumno de cara á exploración, ao descubrimento e polo tanto á aprendizaxe de maneira autónoma aínda que sempre na compaña da mestra que lle aporta seguridade emocional e novos materiais paras seguir avanzando.
Esta metodoloxía dos ambientes está baseada na pedagoxía Montessori que "busca preparar aos nenos e nenas para que sexan libres e autónomos, que pensen por si mesmos, sexan capaces de elexir, decidir e actuar a partir das propostas que o entorno lles proporciona".
Nestes tres espazos estamos os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Infantil polo que tamén se potencia a aprendizaxe entre iguais en grupos heteroxéneos. Na diversidade está a riqueza.

Nestas fotos podedes ver un chisco do que fomos descubrindo estes primeiros días que podemos facer....mais cada pouco iremos descubrindo neles novas posibilidades e novos materiais. Os Ambientes  serán cambiantes e irán acollendo diferentes propostas e materiais que nos irán suxerindo novos descubrimentos e aprendizaxes.

XOGO A SER, un espazo no que xurde o xogo simbólico ademais de xogos para desenvolver a motricidade fina.

xogo a ser 

LETRAS MÁXICAS: achegámonos á lectoescritura dende os propios intereses e motivacións con materiais moi variados. Dende pinzas con letras, escribir sobre area, na pizarra dixital, con tizas, con letras de madeira...... Lemos contos, inventamos historias que despois contamos e grabamos, dramatizamos con marionetas, escribimos cartas e buzoneamos.....

letras 

INVESTIGO: este espazo é moi amplo con biblioteca de investigación para ir dando resposta a aqueles proxectos  individuais que teñamos cada un, xogos de mesa de reglas como o xadrez, o dominó, o parchis ou a oca ademais de un ambiente de lóxica metemática con materiais específicos elaborados a partires de pinzas, boliñas, ábacos, balanzas.. 

investigo 

Como vedes son ambientes con materiais fundamentalmente manipulativos pois en infantil precisamos desta parte para poder máis adiante ir conseguindo conceptos máis abstractos. 

Que vos parece??? Nós estamos encantados/as e aprendendo mooooooito.

13 de enero de 2016

Os Luns...Obradoiros Internivelares!!!

Este luns estivo cheo de emocións!!!!
Pola mañá comezamos os espazos de aprendizaxe dos que xa vos contaremos cousiñas máis polo miúdo moi pronto....E pola tarde..... os OBRADOIROS INTERNIVELARES nos que participamos os nenos e nenas de infantil e  1º de primaria.
Este ano temos catro obradoiros e as nosas profes fixeron catro grupos nos que hai nenos e nenas de todos os grupos que iremos pasando por cada un deles cada semana. 
Este luns xa fomos ao primeiro.... 
¿Queredes saber cales son?

                                  O HORTO con Mila
horto


                                      AS EMOCIÓNS con Catuxa
intelixencia emocional


                    A COCIÑA con Carmen
cociña

                               ARTISTAS con Andrea
Artistas

Este primeiro día foi moi divertido, Temos moitas ganas de que chegue a tarde dos luns para poder saber a onde nos toca ir e gozar de todas as sorpresas que nos agradan en cada un deles!!!
Estade atentos ao blog pois iremosvos contando que facemos en cada un deles.

De momento......Bicos mil!!!