21 de enero de 2016

Ambientes de Aprendizaxe

Este ano estreamos en Infantil unha nova organización dos primeiros momentos da mañá.
Imos chegando pouco a pouco á aula pola mañá, poñemos o mandilón, compartimos cos compis ou coas profes como nos sentimos ou algo que nos apeteza contar, ou simplemente recibimos unha aperta e bico de bos día que nos reconforta e nos dá moita enerxía pata iniciar o día.
E cando estamos todos e todas dispoñémonos a participar dos 3 Ambientes de Aprendizaxe que temos na Escola Infantil e que polos títulos podedes intuír que ofrecen cada un deles:

-Quero Ser, con Andrea
-Investigo, con Carmen
-Letras Máxicas, con Catuxa

E vós diredes...que son os Ambientes de Aprendizaxe.???
Pois son unha parte máis da nosa Metodoloxía Activa e Innovadora na que o principal protagonista da aprendizaxe é o neno/a e polo tanto precisamos da súa motivación e disponibilidade para aprender. Estes ambientes son uns espazos organizados, estructurados e dotados de materiais que facilitan esta actitude positiva do alumno de cara á exploración, ao descubrimento e polo tanto á aprendizaxe de maneira autónoma aínda que sempre na compaña da mestra que lle aporta seguridade emocional e novos materiais paras seguir avanzando.
Esta metodoloxía dos ambientes está baseada na pedagoxía Montessori que "busca preparar aos nenos e nenas para que sexan libres e autónomos, que pensen por si mesmos, sexan capaces de elexir, decidir e actuar a partir das propostas que o entorno lles proporciona".
Nestes tres espazos estamos os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Infantil polo que tamén se potencia a aprendizaxe entre iguais en grupos heteroxéneos. Na diversidade está a riqueza.

Nestas fotos podedes ver un chisco do que fomos descubrindo estes primeiros días que podemos facer....mais cada pouco iremos descubrindo neles novas posibilidades e novos materiais. Os Ambientes  serán cambiantes e irán acollendo diferentes propostas e materiais que nos irán suxerindo novos descubrimentos e aprendizaxes.

XOGO A SER, un espazo no que xurde o xogo simbólico ademais de xogos para desenvolver a motricidade fina.

xogo a ser 

LETRAS MÁXICAS: achegámonos á lectoescritura dende os propios intereses e motivacións con materiais moi variados. Dende pinzas con letras, escribir sobre area, na pizarra dixital, con tizas, con letras de madeira...... Lemos contos, inventamos historias que despois contamos e grabamos, dramatizamos con marionetas, escribimos cartas e buzoneamos.....

letras 

INVESTIGO: este espazo é moi amplo con biblioteca de investigación para ir dando resposta a aqueles proxectos  individuais que teñamos cada un, xogos de mesa de reglas como o xadrez, o dominó, o parchis ou a oca ademais de un ambiente de lóxica metemática con materiais específicos elaborados a partires de pinzas, boliñas, ábacos, balanzas.. 

investigo 

Como vedes son ambientes con materiais fundamentalmente manipulativos pois en infantil precisamos desta parte para poder máis adiante ir conseguindo conceptos máis abstractos. 

Que vos parece??? Nós estamos encantados/as e aprendendo mooooooito.

1 comentario:

  1. Xenial!!
    Non hai mellor maneira de aprender que experimentando e descobrindo un mesmo. Que os peques poidan decidir qué é o que máis lles interesa e o que máis lles gusta a través do xogo, e que poidan desarrollar as súas capacidades de comprensión e actuación ao seu ritmo é un privilexio.
    Gracias!

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!