23 de noviembre de 2015

O bosque en Outono

Ola a todos e todas!
Despois da gran festa do Magosto  aínda nos quedaron ganas de seguir investigando sobre o outono e... que mellor maneira de facelo que sair ao monte a ver todas as marabillas que nos trae esta formosa estación.
Para esta saída contamos coa colaboración do papá de Jairo: Miguel que nos quixo amosar os bosques que hai na contorna da súa casa.
Comezamos o día moi nerviosos... íamos facer a primeira saída do curso e puxémonos mans á obra:

botas de auga... postas!
abrigos... postos!
.......................... pois xa estamos preparados e preparadas!

Subimos ao bus e entre cancións e risas... chegamos!

Foi Miguel quen nos recibiu e o primeiro sitio ao que  nos levaron el e Jairo foi un bosque cheeeo de carballos e castiñeiros que agocha, debaixo da terra, un castro aínda por descubrir. Alí atopamos un recuncho que semellaba máxico, repleto de follas e con pequenos tesouros agochados: castañas, cogumelos e até limacos (eses animaliños baballentos tan riquiños....que parecen caracois que perderan a súa cuncha) que atopamos sen problema porque somos uns graaandes investigadores e investigadoras... e tamén valentes exploradores e exploradoras que nos lanzamos a coronar os cumios que rodeaban o castro coma uns campións e campionas!
Ao longo de todo o paseo Miguel foinos explicando e amosando os nomes e características dos cogumelos que atopamos, e se algo nos quedou moi moi claro é que: NUNCA comades ou toquedes un cogumelo se non estades seguros de que clase é!

Logo de tanto paseo e emocións de súpeto comezamos a escoitar ruxidos... grrrrr noooon, non vos asustedes, eran os nosos estómagos que son moi puntuais e clamaban polo almorzo.

Desfixemos o camiño andado e fomos á casa de Jairo onde nos puxemos as botas con galletas con forma de castaña que fixo Selene, a mestra de inglés, e mmmm que ricas estaban (levaban chocolate!) e acompañámolas cuna batidos de chocolate e chocolatinas que o papá de Jairo nos trouxo!
Despois de repoñer forzas toca facer un pouco de exercicio....Imaxinades  o que se nos ocorreu??? Pois sí, fomos xogar no estupendo  xardín da casa de Jairo e pasámolo xenial!!!

Todo o que vos contamos aquí non reflicte realmente o ben que o pasamos, por iso pensamos que a mellor presentación é este vídeo que preparamos con moitísimo agarimo, agardamos que gocedes con el!



Que vos pareceu? Fermoso a que sí? Pois todo isto non sería posible sen a colaboración dos papás de Jairo, especialmente a de Miguel, que buscou un oco para colaborar con nós, dende aquí moitííísimas grazas por todo!
Seguide moi pendentes do blog porque deseguida teredes novas nosas! 

Biquiños mil da Clase dos Dragóns e dos Tiburóns!!!

20 de noviembre de 2015

Magosto 2015

Xa celebramos a tradicional festa do Magosto a semana pasada e foi...todo un éxito!!

Como ledes, o mércores pasado pola tarde os nenos, nenas e profes dende 1 EI ata 1º de BAC comemos castañas, bailamos, compartimos emocións e pasamos unha tardiña moi animada.

Pero non só a festiña estivo xenial senón tamén os preparativos. Nos diferentes grupos puxemos a funcionar a nosa creatividade recicladora.
En infantil reutilizamos botellas de auga que con un pouco de trapillo e algo de maña cosendo (si si cosemos!!) fixemos uns bolsiños do máis lindos para meter as castañas.

cestiños 2 1º2º

cestiños 1º2º
cestiñas 3º

En 1º e 2º de Primaria reutilizamos cartón ondulado das embalaxes para facer uns conos con tapiña personalizados cos nosos debuxos moi pero que moi chulos.




cucuruchos 2ºep





















E como gran colofón á festa que compartimos todos os nenos, nenas, rapaces, rapazas, mozos, mozas, mestres, mestras,... Vaia, todo Galén!!! Ata Robby nos acompañou mirade mirade:

untitled

Alí, no patio, logo de comer as castañas cantamos, bailamos, rimos e sobre todo pasamos unha tarde estupenda. A banda de músicos da Escola de Música Cantarela puxeron son ás cancións e bailes que estivemos preparando nas semanas previas: "A Carolina", "Ven bailar Carmiña", "O Sacristán de Coimbra", "O Valpaso... Que ben o pasamos!!!


6 de noviembre de 2015

As familias van ao cole 1

Esta semana tocoulles o turno ás familias de 1º e 2º de Infantil, a Clase dos Dragóns, compartir coas profes unha tarde na que falaron de.....FALARON DE NÓS!!!

Como o oídes. Os papás e mamás do grupo teñen dúas citas ao longo do curso (en novembro xa iniciado o cole e avanzado o período de adaptación, e en Maio para contarnos como foi o curso) para poder compartir inquedanzas e coñecer de primeira man como estamos no cole, que facemos e como medramos e aprendemos no cole Galén.
Nesa reunión de maiores están as nosas profes, a coordinadora da etapa e a orientadora que está presente ao longo de toda a etapa nas reunións individuais de cada familia así como tamén nestas grupais.

En Galén a comunicación coas familias e a participación das mesmas é moi importante nesta tarefa compartida que é acompañar aos nosos pequechos na aventura de medrar e aprender. De aí que ademais do contacto día a día directo coa titora(as mamás e papás entran ata as aulas cada día a levarnos e recollernos) se establezan dúas reunións individuais(como mínimo) de cada familia coa titora e a orientadora  xunto coas dúas de grupo  para ademais favorecer o intercambio entre as familias do mesmo e falar da evolución do grupo como tal.
reun familias 1º2º
Pois ben, esta primeira reunión da clase dos Dragóns foi esta semana. Os obxectivos da mesma eran:

1.Valorar a evolución do periodo de adaptación.
2.Establecer contacto entre as familias do grupo
3.Crear un clima de colaboración familia-escola con propostas de actividades conxuntas
4.Informar ás familias da metodoloxía propia de Galén na etapa de Infantil
5 .Recoller posibles suxestións das familias

Os nenos e nenas, sabendo que os papás e mamás ían estar na nosa aula, quixemos facer todo o posible para que se sentisen tan a gusto coma nós e decidimos prepararlles un delicioso Biscoito con Mazás que tiñamos na aula do Proxecto de Outono que estamos a iniciar.....e polo que vimos que sobrou.....debia estar riquísimoooooo!!!

E non só nós tiñamos sorpresas.....Tamén as profes sorprenderon e deixaron emocionadas ás familias compartindo un video no que se nos ve como foi o período de adaptación, o día a día na aula, coas nosas rutinas e momentos característcos. E sobre todo puideron ver que xa nos sentimos moi  a gusto, cada día máis  seguros e autónomos e con ganas de facer moitas cousas novas cos nosos compis e as profes que nos acompañan día día.
Pero que mellor que velo para valoralo non??' Aquí tendes o video do noso período de adaptación. Disfrutádeo:

Grazas a todas ás familias por acompañarnos nunha tardiña chuviosa pero especial.

3 de noviembre de 2015

Halloween 2015!!

Esta última semana do mes de Outono foi intensa, emocionante e divertida grazas á preparación e celebración da festa de orixe Celta, O Samaín, que no cole traballamos dende a área de Inglés dende Infantil ata Secundaria. Así que para nós é o Halloween.
No blog de Primaria e Secundaria podedes ver a súa festa. En Infantil, como aínda nos asustamos un chisco e non entendemos da mesma maneira esta festa, gozamos da parte máis amable e gozamos moitísimo de compartir  momentos moi especiais para todas e todos.

Como marca a tradición quixemos coverter as cabazas en divertidos, e un chisco terroríficos, "Jack O¨lantern" así que, que mellor que inaugurar a tanda de colaboracións nas aulas coas familias con este obradoiro do mércores dende EI ata 2º de EP!!
 Así foi mooooito máis doado e por suposto máis gustoso pois que as familias participen directamente nas aulas é para nós moi moi importante. 
Como podedes ver ano tras ano imos aumentando participación e contanmos con mamás, papás, avós e avoas...foi xenial!!!
Grazas a todas e todos pois para profes, nenas e nenos foi estupendo compartir con vós a tardiña e estivemos moi moi a gusto.

obardoiro cabazas6 obradoiro cabazas 2 obradoiro cabazas 3 obradoiro cabazas 4 obradoiro cabazas 5 obradoiro cabazas1
 Despois de baleirar tantas cabazas quixemos aproveitalas ao máximo: as pebidas foron á horta para que o vindeiro outono poidamos recoller mooooitas cabazas de novo e coa carne......Pois a COCIÑAR!!!!

Cabaza cocida, un pouco de aceite, fariña, azucre moreno, levadura, pebidas de chocolate e......ao forno!!!
cociña cabaza 1 cociña cabaza2
xa vedes que molde tan chulo nos prestou a mamá de Valeria!!!...............e estaba riquísimo!!!
Esta é a mesma receita que utilizamos para as magdalenas de cabaza que fixemos na estadía as nenas e nenos de 1ºEP, só cambia o molde. Animádevos a facelo e...contádenos como vos saíu vale???

E tamén houbo tempo para a música e o espectáculo. Para algúns de nós foi a estrea de verdade pois foi a nosa primeira actuación ante o público!!!
 disfraces
Nos primeiros momentos estabamos expectantes e incluso un chisco cortados pero...pouco a pouco fomos animándonos e gozando do momento.....que vos parece???