21 de octubre de 2015

Estadía de 1º EP en Trevia

Os nenos e nenas de 1º EP estamos a  vivir as nosas primeiras experiencias en Trevia, a nosa aula de natureza.
FOTO BLOG 1ºEP
Chegar a primaria está a ser unha aventura ben intensa e ...ademais de irnos facendo maiores, conleva algún que outro cambio que estabamos desexando experimentar como  as estadías.
Son tres días de descubrimentos e aprendizaxes en contacto directo coa Natureza e contando coa compaña de Elia que nos axuda a gozar da mesma e a coñecela.
Pero non vos contamos máis aquí.... que mellor que visitedes o blog de Trevia e nos sigades día a día.
Un bico!!!


18 de octubre de 2015

Obradoiros para a tarde do martes

As nenas e nenos de 1º e 2º de EP inciamos xa os obradoiros dos martes.
As nosas profes estaban un pouco emocionadas con todo o que nos tiñan preparado.
No de música descubrimos a forma na que  os contos poidan ser   máis intensos se cabe  e  de que o noso sentido do oído se agudice......
E....como? pois creamos un conto con música ou fixemos música cun conto.. como  máis vos guste.

foto 1

foto 2
foto 3

Con Selene, a profe do obradoiro de inglés, mergullámonos no conto da Carapuchiña Vermella: cantamos, bailamos, pintamos, interpretamos... 
Cantas emocións..! e canto traballo..!
foto 4
foto 5
foto 6


Tamén escribimos cartas, coma as de antes! de amor, de amizade, con palabras bonitas e debuxos cheos de cores para as nosas amigas e amigos doutras clases, cos datos moi clariños para que chegara aos seus destinatarios. 
E xogamos a ser escritores e ilustradoras do noso propio libro. Gustaralle aos nosos compañeiros e compañeiras!
foto 7
foto 8



Foi moi emocionante convertermos por unha tarde en alumnos e alumnas da ESO e BAC para ir á aula de informática. Que maiores nos sentimos utilizando as súas cadeiras e ordenadores!
E que fan os maiores???..pois traballar! A ver: o rato, a pantalla, o procesador.. pero aínda nos quedou tempo para xogar! Podemos volver outro día?

foto 9
foto 12
foto 11
foto 10



Nos vindeiros martes......moito máis!!!!








16 de octubre de 2015

Robby's Birthday 2015




O pasado venres nove de outubro, os nenos e nenas da clase dos Tiburóns  tivemos una celebración moi especial: o aniversario de Robby!
Non só fixemos una festa por todo o alto senón que tamén quixemos celebralo con un  debuxo e unha tarta de cenoria para agasallar a Robby neste día tan especial! 
E para que podades compartir con nós tamén ese momento especial aquí tendes o vídeo que fixemos.

15 de octubre de 2015

Somos a clase de....!!

Veña veña, un pouco de esforzo non imos a darvos todo feito......... 
Estes días nos que xa estamos máis asentados no cole, sentímonos seguros e mostramos máis abertamente os nosos sentimentos, gozamos do xogo libre e empezamos a investigar e tomar algunhas decisións. 
A primeira, e mooooi importante para nós, foi poñerlle nome á nosa clase. Non foi doado (propostas, votacións, consenso...) sobre todo para os que o faciamos por primeira vez, pois entender que non é só a miña proposta e que ás veces a decisión final non é exactamente o que eu quería é difícil aínda de entender. 
Pasados os primeiros momentos puxémonos todos e todas, coa colaboración das familias (grazas!!) a buscar cousiñas relacionadas co nome que fomos traendo á aula para compartir e investigar coas compañeiras e compañeiros. 

 E agora...tócavos adiviñar....como nos chamamos??? esperamos respostas nos comentarios e quizais haxa recompensa eh!! non a deixedes marchar.....)




dragóns
Tiburóns

13 de octubre de 2015

Estamos de volta no cole!!


As nenas e nenos de 1º de EP estivemos tan ocupados xogando e lembrando as aventuras do verán que aínda no tiveramos tempo para contarvos como o estamos a pasar.
Nestas semanas divertímonos moito cos crebacabezas..

foto 1
foto 2

..tamén tivemos tempo para explicarlle aos nosos compañeiros e compañeiras porque estabamos tristes, contentos,  ou neviosas. 

foto 7
foto 6
foto 5

xogamos a sumar coas regletas...

foto 11
foto 10

diseñamos unhas construcións orixinais...

foto 3
foto 4

... probamos a pizarra!

foto 12

e inventamos palabras moi longas...

fotos 13


e démoslle a benvida a Celia que chegou este curso á nosa clase.


xa vos seguiremos contando!!!