1 de octubre de 2014

Primeiras semanas!!

Xa levamos unha cantas semaniñas de cole e....estámolo a gozar moito moito.

O bo tempo acompañounos e puidemos gozar das zonas verdes, da carballeira, da area....e esto axudou moito a que ás novas incorporacións se nos pasase o tempo voando e que pouco a pouco se nos fixese máis agradable o tempo de cole. Así estamos a facer un período de adaptación do máis tranquilo.
Patio
inicio
inicio 3
Aula ei2
Aula ei

Xa na primeira semana nos sentimos a gusto, tranquilos e confiados e.....durmimos a sesta dende o primeiro día moi a gustiño!!!


Sesta

Tamén puidemos gozar do concerto de inicio de curso da Escola de Música Cantarela no que coñecimos aos profes dos diferentes instrumentos da escola.......e escoitamos cantar á mamá de Lúa claro!! que ilusión nos fixo!!

Concerto

 Os nenos e nenas xa veteranos (jeje) chegamos con moitas moitas ganas de volver xogar cos compañeiros e compañeiras, con ilusión por comezar unha nova etapa e con, como non decilo, un pouco de nervios polas expectativas cara ás novas aulas.

Os nenos e nenas da clase das Águias iniciamos unha nova etapa, a Primaria, que traerá moitas novidades, rutinas e espazos como o patio que agora é compartido co resto de nenos e nenas de Primaria. Ademais contamos con novos compañeiros e compañeiras e isto está a facer aínda máis intenos se cabe este inicio de curso.

ep1

 E os maiores de 2º de Ep....xa somos todos uns expertos!! con ganas de volver ao cole a vivir novas aventuras estivemos estas semanas coas emocións a flor de pel e iniciando xa algúns proxectos moi interesantes....xa vos iremos contando!!
2ep
Xa vedes o ben que o estamos a pasar e agradamos vervos moito por aquí para despois poder falar con vós do vivido no cole Galén.


12 de septiembre de 2014

Empezamos un novo curso!!!

Ola!!!
benvidos e benvidas de novo a este espazo neste novo curso que comezamos.
Damos a benvida ás familias que este curso se incorporaron de novo, tanto de 1º EI como nos diferentes grupos de Infantil e 1º 2º de EP.

Este é un espazo a través do cal poderedes ir vendo, como se dun furadiño se tratase, o que acontece nas aulas, no cole e tamén fóra del. Ademais nos gustaría que participarades en cada unha das entradas a través do espazo "Comentarios" para darlle un pouco máis de dinamismo e  que sexa tamén un lugar de intercambio.


Este ano temos algunhas novidades que iremos e iredes descubrindo con nós. Hoxe queremos falarvos da "Aula Máxica" un lugar do máis acolledor onde temos diferentes espazos: zona de biblioteca e lectura, zona de creación plástica, de movemento, rincón musical....e unha chea de emocións que vivir alí dentro.

Aula Máxica
Seguide atentos cada semana a este espazo!!!

Vémonos entón por aquí!!! un biquiño moi, moi grande e.....empeza a aventura!!!




20 de julio de 2014

Aventura Pirata!!!

Xa vedes que aínda nos quedaban pendentes unha chea de cousiñas que contarvos antes de darnos vacacións tamén aquí no blog. 
Tiñamos pendente esta entradiña na que contarvos o ben que o pasamos na saída de 1º e 2º EI.

Trátase da saída máis especial, non só porque imos á praia e cada ano xogamos a ser diferentes personaxes, senón porque para moitos de nós é a primeira vez que estamos tanto tempo separados das nosas familias.....dous días e unha noite!!! Así que é toda unha experiencia chea de emocións, maxia, aventura e...moito moito cariño.

Este ano adicámolo ao tema "Pirata". Iniciamos nas aulas o proxecto: nas asembleas chegamos ao acordo sobre que queriamos investigar ao redor deste tema, que queriamos aportar cada un de nós, os materiais que nos interesaban, que obradoiros queriamos facer e cales preguntas queriamos responder. E así foi como arrincamos!!
Das nosas casas aportamos contos, debuxos feitos por nós, vestimentas piratas, barcos piratas cos que xogar nas aulas, bonecos, música etc... para falar sobre elas na asemblea, manipularlas, experimetar, ler e formular hipóteses para comprobar despois....

Fixemos murais sobre o fondo do mar, complementos para converternos en veraddeiros piratas, loros que decoraron os corredores, unha illa deserta no medio do mar, peixiños.....Cantamos cancións piratas, bailamos, xogamos a ser piratas de miles de maneiras e...pasámolo moi moi ben nesta fase de preparación.
mural colares pintar

E chegou o gran día no que a nosa aventura por fin se faría realidade!!!

O xoves marchamos á praia despois de deixar nas aulas as maletas que con tantos nervos preparamos a noite anterior (bueno, algúns varios días antes...jeje...a emoción) e despois de despedirnos das nosas mamás e papás con unha mestura de emocións todas xuntas que facían nas nosas barriguiñas sentir as bolboretas revoar...e ata asomar algunha bagoa pequerrecha.
A viaxe non se fixo mio longa: entre cancións varias, xogos e conversas cos compañeiros e compañeiras  ao redor do tema estrela...imos á illa pirata de verdade??que atoparemos alí?? veremos aos piratas de Irás e Volverás?? ....o tempo pasou voando.

E chegamos á Illa de Irás e Volverás...co seu mar, a area fina, algunhas árbores que nos daban sombra...e un sol estupendo brilando no ceo que fixo posible que a estancia fose moi moi agradable.
Antes de desembarcar na area fixemos unha paradiña na sombra para tomar unhas galletas moi moi impacientes por poñer o bañador e estirar as toallas...para rápidamente adentrarnos na auga. Fixemos dous baños ben largos, un pola mañá e outro pola tarde...canto nos prestou!
Ademais gozamos moito dos xogos coa area e busando tesouros pola praia.

area baño1 baño2 

 A tarde estivo moi boa pero tiñamos que marchar, pois estaban a agradarnos unha chea de sorpresas ao noso regreso á Galennave. Non sen antes comer o xa tradicional xeado de todos os anos. 

xeados 
 Aproveitamos a viaxe para repoñer forzas despois dun día do máis intenso.....e non só os máis pequenos....

bus durmindo 

Cando desembarcamos de novo, collimos as nosas maletas e marchamos merendar á carballeira. Vaia sorpresa segundo chegamos vimos unha casiña que pola súa decoración non había ningunha dúbida de que era unha casa....PIRATA!!! e pronto apareceron os seus habitantes....Unha Pirata e un Pirata que falaban en Inglés e que nos contaron que cousas necesitabamos saber se queriamos ser nós tamén uns auténticos piratas: parche, loro, colares de ouro, catalexo, pano pirata para a cabeza e....algúns sonidos extranos a facer.
Estivemos moi moi atentos e atentas e tomamos nota de todo o que debiamos facer ao día seguinte se queriamos converternos en piratas de verdade.

piratas piratas 2 

 Axiña chegou a hora da ducha, da cea e dun momento do máis especial.....o lume de campamento 

lume 

 e a Festa!! Grazas a Pepe, Ángela e César por vir a tocar xa que non hai festa que se prece sen música.

festa1 festa2 

 Bailamos, cantamos, miramos atentos o lume que Santi nos preparou con moito cariño (grazas Santi!) e pronto apareceu Pedro Chosco que empezaba a facer pechar as nosas pálpebras e abrir as nosas boquiñas.
E marchamos durmir cada grupo á súa tenda de campaña, candasúa profe acompañante para en pouco tempo estar todos e todas profundamente durmidiños arrimadiños uns aos outros para darnos seguridade e cariño.

E pola mañá, con enerxías renovadas espertamos con moitas ganas de descubrir novas sorpresas e de converternos agora nños en piratas.

bo díaaaaaa 

Despois do almorzo e aseo iniciamos os obradoiros piratas nos que elaboramos o pano pirata, o catalexo e o parche. Para despois poñelos xunto co colar que fixeramos na aula.

obradoiros 1 obradoiros 2 piratillas 1 

A que agora si somos piratas?? Cando estabamos xa así enfeitados e cantando a canción pirata...apareceu de novo a pirata con outra compañeira e....ao ver que conseguiramos ser auténticos piratas entregounos o MAPA DO TESOURO para que foramos a buscalo e.....ATOPÁMOLO!!! que ilusión nos fixo!!!

chegan piratas mapa tesouro 
Que máis se lle podía pedir a unha aventura piarata non si???

Pasámolo xenial, disfrutamos todos e todas do xogo e  da experiencia de pasar dous días e unha noite fóra da casa, e contribuíu sobre todo a sentirnos moi ben ao vernos capaces de superar os medos iniciais, de facer as cousas de maneira autónoma e de vivir experiencias cos nosos amiguiños a amiguiñas fóra do contorno habitual.

Grazas papás e mamás por confiar en nós e apoiarnos nestas aventuras!!!

Podedes contarnos vós como vivístes esta experiencia dende a casa....veña si...ANIMÁDEVOS...aquí abaixo, en comentarios!!!!

E con esta entrada tan especial, despedímonos de todos os lectores e lectoras ata setembro.

QUE TEÑADES MOI BOAS VACACIÓNS!!

Biquiños do equipo de infantil e 1º ciclo de primaria.













16 de julio de 2014

Saída Santo Anxo 2014


Ola a todos e todas!

A piques de rematar o curso quedaba unha das saídas que máis nos gustan en infantil: a visita a Santo Anxo en Rábade.
Seguro que estades a preguntavos por que esta saída é tan agardada por nós... pois porque os papás de mamás que poden veñen pasar o día con nós e xuntos exploramos, comemos e xogamos!!!
Todos os anos Alberto e Enrique acompáñannos nun percorrido no que podemos ver dende vacas e loros ata  fermosos pavos reais e ñandús, parentes das avestruces que nos impactaron moito dado o seu gran tamaño e...ata  lles demos de comer!

Saída Rábade 1
Saída Rábade 2
   
 Descubrimos moitas curiosidades sobre diversas aves e vimos o ovo máis pequeniiiiño e o máis grande! Tamén puidemos coller o observar un ovo verde e plumas de rechamantes cores.

Saída Rabade 3
  
 E coma sempre... atopamos tempo para pasar en grupo, divertíndonos e xogando cos compañeiros e compañeiras e tamén cos papás e mamás que puideron vir pasar o día con nós!

Saída Rábade 4 Saída Rábade 5 Saída Rábade 6 
 Como podedes ver foi un día cheo de emocións que nos deixou grandes e fermosos momentos.
Moitas grazas a todas as familias  que nos acompañastes  por facer que o día fose taaaaaan especial!!! 

Biquiños mil das Bolboretas, Arañas e Águias!

14 de julio de 2014

Últimas visitas ao comedor!!!

Esta é a última entrega dos papás e mamás que nos visitastes no comedor nos últimos meses do curso.

Mirade que guapos e guapas estades!!!! 

Foron uns últimos meses cheos de sorpresas e de moitas actividades compartidas. Esperamos  que  disfrutarades tanto coma nós e moitas grazas pola vosa colaboración!

Daniel Collage


Antía


Yelco Collage


Lucía Collage


César Collage


Álvaro Collage


Adriana L. Collage


Adri R. Collage



Nicolás Collage


   Pasade un bo verán e vémonos moi pronto....

                                                                                                                      Mil bicos!!!