16 de julio de 2014

Saída Santo Anxo 2014


Ola a todos e todas!

A piques de rematar o curso quedaba unha das saídas que máis nos gustan en infantil: a visita a Santo Anxo en Rábade.
Seguro que estades a preguntavos por que esta saída é tan agardada por nós... pois porque os papás de mamás que poden veñen pasar o día con nós e xuntos exploramos, comemos e xogamos!!!
Todos os anos Alberto e Enrique acompáñannos nun percorrido no que podemos ver dende vacas e loros ata  fermosos pavos reais e ñandús, parentes das avestruces que nos impactaron moito dado o seu gran tamaño e...ata  lles demos de comer!

Saída Rábade 1
Saída Rábade 2
   
 Descubrimos moitas curiosidades sobre diversas aves e vimos o ovo máis pequeniiiiño e o máis grande! Tamén puidemos coller o observar un ovo verde e plumas de rechamantes cores.

Saída Rabade 3
  
 E coma sempre... atopamos tempo para pasar en grupo, divertíndonos e xogando cos compañeiros e compañeiras e tamén cos papás e mamás que puideron vir pasar o día con nós!

Saída Rábade 4 Saída Rábade 5 Saída Rábade 6 
 Como podedes ver foi un día cheo de emocións que nos deixou grandes e fermosos momentos.
Moitas grazas a todas as familias  que nos acompañastes  por facer que o día fose taaaaaan especial!!! 

Biquiños mil das Bolboretas, Arañas e Águias!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!