20 de julio de 2014

Aventura Pirata!!!

Xa vedes que aínda nos quedaban pendentes unha chea de cousiñas que contarvos antes de darnos vacacións tamén aquí no blog. 
Tiñamos pendente esta entradiña na que contarvos o ben que o pasamos na saída de 1º e 2º EI.

Trátase da saída máis especial, non só porque imos á praia e cada ano xogamos a ser diferentes personaxes, senón porque para moitos de nós é a primeira vez que estamos tanto tempo separados das nosas familias.....dous días e unha noite!!! Así que é toda unha experiencia chea de emocións, maxia, aventura e...moito moito cariño.

Este ano adicámolo ao tema "Pirata". Iniciamos nas aulas o proxecto: nas asembleas chegamos ao acordo sobre que queriamos investigar ao redor deste tema, que queriamos aportar cada un de nós, os materiais que nos interesaban, que obradoiros queriamos facer e cales preguntas queriamos responder. E así foi como arrincamos!!
Das nosas casas aportamos contos, debuxos feitos por nós, vestimentas piratas, barcos piratas cos que xogar nas aulas, bonecos, música etc... para falar sobre elas na asemblea, manipularlas, experimetar, ler e formular hipóteses para comprobar despois....

Fixemos murais sobre o fondo do mar, complementos para converternos en veraddeiros piratas, loros que decoraron os corredores, unha illa deserta no medio do mar, peixiños.....Cantamos cancións piratas, bailamos, xogamos a ser piratas de miles de maneiras e...pasámolo moi moi ben nesta fase de preparación.
mural colares pintar

E chegou o gran día no que a nosa aventura por fin se faría realidade!!!

O xoves marchamos á praia despois de deixar nas aulas as maletas que con tantos nervos preparamos a noite anterior (bueno, algúns varios días antes...jeje...a emoción) e despois de despedirnos das nosas mamás e papás con unha mestura de emocións todas xuntas que facían nas nosas barriguiñas sentir as bolboretas revoar...e ata asomar algunha bagoa pequerrecha.
A viaxe non se fixo mio longa: entre cancións varias, xogos e conversas cos compañeiros e compañeiras  ao redor do tema estrela...imos á illa pirata de verdade??que atoparemos alí?? veremos aos piratas de Irás e Volverás?? ....o tempo pasou voando.

E chegamos á Illa de Irás e Volverás...co seu mar, a area fina, algunhas árbores que nos daban sombra...e un sol estupendo brilando no ceo que fixo posible que a estancia fose moi moi agradable.
Antes de desembarcar na area fixemos unha paradiña na sombra para tomar unhas galletas moi moi impacientes por poñer o bañador e estirar as toallas...para rápidamente adentrarnos na auga. Fixemos dous baños ben largos, un pola mañá e outro pola tarde...canto nos prestou!
Ademais gozamos moito dos xogos coa area e busando tesouros pola praia.

area baño1 baño2 

 A tarde estivo moi boa pero tiñamos que marchar, pois estaban a agradarnos unha chea de sorpresas ao noso regreso á Galennave. Non sen antes comer o xa tradicional xeado de todos os anos. 

xeados 
 Aproveitamos a viaxe para repoñer forzas despois dun día do máis intenso.....e non só os máis pequenos....

bus durmindo 

Cando desembarcamos de novo, collimos as nosas maletas e marchamos merendar á carballeira. Vaia sorpresa segundo chegamos vimos unha casiña que pola súa decoración non había ningunha dúbida de que era unha casa....PIRATA!!! e pronto apareceron os seus habitantes....Unha Pirata e un Pirata que falaban en Inglés e que nos contaron que cousas necesitabamos saber se queriamos ser nós tamén uns auténticos piratas: parche, loro, colares de ouro, catalexo, pano pirata para a cabeza e....algúns sonidos extranos a facer.
Estivemos moi moi atentos e atentas e tomamos nota de todo o que debiamos facer ao día seguinte se queriamos converternos en piratas de verdade.

piratas piratas 2 

 Axiña chegou a hora da ducha, da cea e dun momento do máis especial.....o lume de campamento 

lume 

 e a Festa!! Grazas a Pepe, Ángela e César por vir a tocar xa que non hai festa que se prece sen música.

festa1 festa2 

 Bailamos, cantamos, miramos atentos o lume que Santi nos preparou con moito cariño (grazas Santi!) e pronto apareceu Pedro Chosco que empezaba a facer pechar as nosas pálpebras e abrir as nosas boquiñas.
E marchamos durmir cada grupo á súa tenda de campaña, candasúa profe acompañante para en pouco tempo estar todos e todas profundamente durmidiños arrimadiños uns aos outros para darnos seguridade e cariño.

E pola mañá, con enerxías renovadas espertamos con moitas ganas de descubrir novas sorpresas e de converternos agora nños en piratas.

bo díaaaaaa 

Despois do almorzo e aseo iniciamos os obradoiros piratas nos que elaboramos o pano pirata, o catalexo e o parche. Para despois poñelos xunto co colar que fixeramos na aula.

obradoiros 1 obradoiros 2 piratillas 1 

A que agora si somos piratas?? Cando estabamos xa así enfeitados e cantando a canción pirata...apareceu de novo a pirata con outra compañeira e....ao ver que conseguiramos ser auténticos piratas entregounos o MAPA DO TESOURO para que foramos a buscalo e.....ATOPÁMOLO!!! que ilusión nos fixo!!!

chegan piratas mapa tesouro 
Que máis se lle podía pedir a unha aventura piarata non si???

Pasámolo xenial, disfrutamos todos e todas do xogo e  da experiencia de pasar dous días e unha noite fóra da casa, e contribuíu sobre todo a sentirnos moi ben ao vernos capaces de superar os medos iniciais, de facer as cousas de maneira autónoma e de vivir experiencias cos nosos amiguiños a amiguiñas fóra do contorno habitual.

Grazas papás e mamás por confiar en nós e apoiarnos nestas aventuras!!!

Podedes contarnos vós como vivístes esta experiencia dende a casa....veña si...ANIMÁDEVOS...aquí abaixo, en comentarios!!!!

E con esta entrada tan especial, despedímonos de todos os lectores e lectoras ata setembro.

QUE TEÑADES MOI BOAS VACACIÓNS!!

Biquiños do equipo de infantil e 1º ciclo de primaria.













No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!