9 de junio de 2014

Saída Garabullos, xoves 29 de maio

Ola!!! Como prometemos, aquí vos deixamos a entrada do segundo día das Águias e 1º EP na Granxa-Escola Garabullos. 
Levantámonos ben cediño, logo de pasar unha boa noite de descanso moi merecida e preparámonos, abrigándonos moito xa que o día non acompañou os nosos ánimos. Comezamos cun bo almorzo con zume, leite, galletas, cereais, torradas... para coller forzas...

Saída Garabullos 1x

 Ao rematar o almorzo dispuxémonos a cociñar unha exquisita pizza para o xantar e... dada a nosa dilatada experiencia foi coser e cantar.

Saída Garabullos 2x

A pizza quedou non forno e nós mentres aproveitamos que chovía pouquiño para saír ao porche a xogar e darlles uns mimos aos cans e ocas que estaban tamén gorecéndose da choiva.

Saída Garabullos 3x


E chegou a hora de comer... coma sempre canción para comezar e "a mangare"!

Saída Garabullos 4x


Coas barriguiñas cheas algúns e algunhas de nós fomos durmir unha pequena sesta mentres os demais quedamos a xogar a diversos xogos: lóxica-matemática, construcións, puzzles, baralla... todo vale para pasar unha tarde de choiva acarón do lume...



Saída Garabullos 6x
 
Saída Garabullos 7x

Pola tardiña puxémonos mans á obra con outro obradoiro no que elaboramos ambientadores totamente naturais con herbas e flores que fomos recoller polos arredores da casa. Precisamos: vaso de iogur (reutilizado), recortes sobrantes de teas, cordeis e flores e prantas aromáticas.
O primeiro paso é decorar papel para pegar arredor do vaso de iogur e que quede máis bonito. Logo metemos as flores e follas, tapamos coa tea, cerramos cos cordeis e... ambientadores feitos!
 Parece moi sinxelo, pero hai que ter arte e nós temos moita!


Saída Garabullos 9x
 

Saída Garabullos 10x

Unha vez rematados os ambientadores e cun arrecendo moi agradable no ambiente, chegou o momento de bailar e cantar, mirade que ritmo temos... aínda que as fotos non nos fan xustiza! 

Saída Garabullos 11x

 E por fin... parou de chover! Á carreira preparámonos con botas de auga e abrigos para aproveitar e xogar un anaco fóra antes de que anoitecese. 

Saída Garabullos 12x

Coma sempre foron xogos cooperativos nos que a única finalidade foi a de pasalo moi ben e facer exercicio, queimando toda esa enerxía que, como  sabedes, temos de sobra. 

Saída Garabullos 13x

 Grrrrr os nosos bandulliños  pedían comida logo de tanto exercicio físico polo que... a ducharnos e poñernos guapísimos e guapísimas para a festa e.. A CEAAAAAAAR!!!
 Esta cea era moi especial para nós, primeiro porque comimos a pizza que fixemos  e segundo porque era a derradeira cea en Garabullos e o preludio da festa que nos agardaba máis tarde! Estabamos moi impacientes xa que nos encanta a pizza, e máis se a facemos nós, que neeervios!
Gustarialles aos monitores e mestras? Agardamos que sí porque a elaboramos con moito agarimo! Mirade que pintazaaaa! 

Saída Garabullos 16x

Saída Garabullos 14x

 Unha das pizzas era de polo con mazá e a outra: xamón cocido con champiñóns mmmmmm riquíííísimas!

Saída Garabullos 15x

 Fíxose de noite en Garabullos e comezou a festa, mirade o ben que o pasamos bailando, cantando e xogando!


 
Saída Garabullos 19x
 
A nosa festa foi taaaan xenial que tivemos dende nenos e nenas moi acicalados e guapos  até Spide-Mans, romanos e bailarinas! 


Saída Garabullos 21x

 Uooooaaaai que soniño máis rico nos foi entrando conforme fomos esgotando as enerxías que nos quedaban logo de pasar outro longo e divertido día en Garabullos!
Pouco a pouco fómonos deitando e caendo nos brazos de Morfeo... así que aquí vos deixamos até a vindeira e derradeira entrada do que foi a nosa saída.
Biquiños para todos e todas das Águias e os nenos e nenas de 1º EP!!!

5 de junio de 2014

ROBBY AT MANOEL'S HOUSE!

      Hello dear families!

Que día máis fabuloso! Contámosvos:
Novamente Robby foi de excursión, unha pequena viaxe dunha tarde e unha noite enteiras co noso amiguiño e compañeiro bolboreta Manoel. Foi un día memorable  que fixo que o coelliño voltara moi pizpireto e parlanchín.
Contounos que xogaran a reo, fixeron música cunha profesional do violonchelo - Carme, a irmá de Manoel -, xogaron ás agachadas nun tarro de galletas logo de papalas todas, presentáronlle a outros amiguiños de campo moi falangueiros e déronlle de cear unha cenoria fresca non, fresquísima. E mesmo lle puxeron uns lentess, e sabedes que? Agora quere que o leve ao oculista! Considera que lle quedan tan ben que desexa uns de verdade para el. Eu xa lle dixen que para andar polo campo cando chove non son moi cómodas, pero é mellor que se dea conta por si mesmo, non credes?
Así que o luns temos vez no especialista! Xa vos contaremos! E por suposto, amosáronse todo o cariño e amor que se teñen, que é moitísimo!

     Polo de agora, aquí nos quedan as fantásticas fotos que de seguro vos encantarán tanto como a nós, e que coma sempre, tanto vos agradecemos que compartades con todos nós!

       See you very soon!


It's time for music

Fresh carrot

Bunny time



Biscuits

You're so cute


Saída Garabullos Mércores 28 de maio


Ola a todos e todas!!!
 Traemos moitas novidades que contarvos, xa que a pasada semana vivimos moitas experiencias novidosas e emocionantes... fomos de excursión tres días a Garabullos, unha granxa escola que está moi preto do cole, en Cospeito.  Iremos contándovos as nosas vivencias alí en varias entradas no blog.

 Ao longo de todo o curso tivemos moitas saídas e visitas, pero esta foi mooooi diferente porque durmimos fóra da casa sen papá e mamá, porque estivemos en contacto coa natureza e os animais, nun entorno rural que, en xeral, é diferente ao que nos rodea habitualmente e porque, en definitiva, tivemos que ser moi moi maiores para lembrarnos e responsabilizarnos en todo momento das nosas cousas, tarefas e rutinas.
 E sabedes que?...... Obxectivos cumpridos!!!
 Fixémolo xenial, aprendemos un montón de cousas, aumentamos a nosa autonomía, adaptámonos ás normas e rutinas do novo entorno, fixémonos responsables dos animais da granxa e todo isto pasándoo xenial... pero será mellor que vos ensinemos o ben que o fixemos, así que aquí vos deixamos as fotos do noso primeiro día en Garabullos!

O mércores saímos do cole un pouquiño tristes e nerviosas /os por despedirnor das nosas familias, pero pouco a pouco esa peniña foi substituída polo entusiasmo e a ilusión coa que partimos en busca de aventuras!!!




Saída Garabullos 3m

Chegamos a Garabullos e contáronnos unha fascinante historia: a historia do "Trasno Pit" e a "Meiga da Lagoa".
Conta como Pit, un trasno que vive na fraga de Garabullos, un día se perde polo bosque e a Meiga ofrécese a axudalo a cambio de que el lle faga un pan todos os días. Así que Pit ten que aprender a sementar, moer, amasar e facer un forno para cocer o pan que finalmente queda... ¡riquísimo!.

Pero como Pit traballou moito tiña moito trigo de sobra e invitou a vir a Garabullos a un montón de animais cos que xogar e pasalo en grande. Máis tarde tamén pediu axuda a todos os nenos e nenas para traballar na granxa.

Saída Garabullos 4m

Tamén escoitamos outra inquietante historia que nos contou o principal protagonista, Lume: Lume é un dragón enfeitizado convertido en persoa pola Meiga, que cando se enterou de que Lume e máis o seu irmán Fume axudaran a Pit nas tarefas da granxa usando a maxia, enfadouse moito (descubriuno ao probar un pan cocido con lume de dragón e non no forno). Por isto converteu a Lume en persoa e a Fume noutro animal, pero Lume non sabe en que animal porque agora non ten a capacidade de falar con outras especies, pero escoitou dicir que os nenos e nenas sí teñen esa capacidade e pídelles axuda para comunicarse co seu irmán e volverse a ver.
Deunos peniña que Lume e Fume estivesen separados, así que  propuxémonos atopalo!

 Ao rematar a historia de Lume coñecimos aos monitores e monitoras que nos  acompañarían estes tres días: Judith, Manu, Edu e Alba, e ás rapazas da casa: Patri e Yoli, que nos fixeron unhas comidas riquísimas. Todos e todas fixeron que esta experiencia fose divertida e que nos sentísemos coma na casa.
 Logo das presentacións, almorzamos...

Saída Garabullos 5m

 e saímos dar un paseo para coñecer o entorno taaan fermoso da granxa.



Visitamos as instalacións nas que atopamos cabras, ocas, burro, eguas, coellos, galiñas... e tres preciosos cans: Nona, Breda e Cheiro, cos que fixemos moi boas migas e pasamos os tres días agasallándoos con moitos mimos. Logo das presentacións iniciamos as nosas tarefas dándolles de comer... 



Seguimos o paseo, e paseando... paseando... non vos podedes imaxinar o que atopamos, mirade!


Pois sí, unha egua e a súa cría que nos ENCANTARON! Bueno, que vos imos dicir... chega con ver as nosas cariñas de ledicia!


  Logo de tanto exercicio xa apetecía un descanso. Ademais os nosos estómagos xa estaban ruxiiindo de fame! Ah, tamén aprendimos unha cantinela para pedir que a comida "veña" a nós:

Benedichi dichi dichi, comida tachún tachún tachún,
 benediiiichi, benediiiiichi;
 benedichi dichi dichi comida tachún tachún tachún; 
A comer a comer a comer;
 Teño fame;
 Eu tamén;
 Que aproveite;
 Igualmente... 
Graaaaaaaazas!!!

Mmmmm logo dun merecido descanso e dunha exquisita comida, adiviñades que nos apeteceu facer???
Pois xogar a diversos xogos de habilidade e cooperación nos que seguimos a desenvolver as nosas destrezas con moita diversión.




Saída Garabullos 15m

Despois de tanto xogo e diversión... toca cociñar galletas!!! Medimos, mesturamos, amasamos e coma sempre... probamos!!!
 A verdade? : as galletas quedaron riquííííísimas e as nosas caras... as duns auténticos cociñeiros e cociñeiras!




  Deixamos as galletas no forno e como ´´e propio na  granxa á tardiña, toca darlles a cea aos animais e recoller as galiñas porque pode vir o raposo e ñam ñam! 




Aquí rematou o noso primeiro día de excursión, pero isto non foi todo! Seguide atentos e atentas ao blog porque durante estes días iremos subindo as fotos do xoves e o venres!!! Agardamos que gocedes véndoas tanto coma nós!

Biquiños das Águias e dos nenos e nenas de 1ºEP!

3 de junio de 2014

ROBBY AT GABRIELA'S HOUSE!

     Coo coo everyone!

Cantas aventuras e cantos cousiñas viviron xuntos Robby, Gabriela e a súa familia a o día que pasaron xuntos! Foi fenomenal!
Robby chegou moi contento e non paraba de falar dende que marcharon  de paseo ao saír do cole. Despois foron a botárlle unha man ao avó de Gabriela que estaba a facer un marco para un cadro...un marco moi profesional cabe dicir.
Despois puxéronse a remexer entre as cores que había na tenda dos avós. Pouco despois houbo que marchar xa que tiñan unha festa de aniversario preparada para Teddy, que cumpliu 5 aniños, case os da nosa amiguiña e compañeira Gabriela. Ao chegar á casa, pintaron e colorearon unha miguiña e logo cearon, e ao rematar festexaron o aniversario!!... apagaron as candeas e comeron o rico pastel de amorodos e nata.
A piques de finalizar o día, leron un conto con Hernán e foron durmir e a descansar ben para ao día seguinte vivir unha nova xornada de aventuras en Galén.

     Aquí nos quedan as fotos para marabillarnos con elas e, como sempre, esperamos que vos gusten tanto como a nós! Grazas por compartilas e deica a próxima!


1- Let's go for a walk.

2- Helping dear grandpa.

3- Messing around.

4- Going back home.

5- I love painting.

7- Dinnertime.

6- Teddy's birthday party.

8- Storytime.

9- Night night.

1 de junio de 2014

ROBBY AT MANUEL'S HOUSE!

       Hi everyone!

Menudo día pasou Robby na casa de Manuel con el e a súa familia! Foi unha tarde de fábula!
Marcharon do cole xuntiños e encantados de poder estar máis tempo o un co outro. Chegaron á casa e xogaron, riron, montaron en bici,  xogaron un partido de baloncesto, cearon e mesmo lle gastaron unha broma a Robby: puxérono nunha cunca  coa súa cenoria e unha cebola e metérono no forno!! Menudo susto!...Dixo que estar estivera a gusto e mesmo case se queda durmido. Menos mal que o forno estaba apagado! 

     Despois de cear, marcharon para a cama a durmir e descansar para ó día seguinte voltar ao cole cheos de novas e divertidísimas aventuras!

    Encántannos as fotos, e estamos seguros de que a vós tamén vos gustarán moito. Grazas, coma sempre, por compartilas con todos nós!

      See you soon!


1. Huge yummy carrot

2. Blackboard

3. Woow... what a bike

4. The bike

5. Basketball match

6. Baked Robby

7. Dinner time

8. Night night