18 de mayo de 2014

ROBBY AT MIGUEL'S HOUSE!

      Boas a todos e todas;

Un día fabuloso e primaveral máis, Robby tivo a gran sorte de ir con Miguel, da clase das bolboretas, e a súa familia á súa casa para pasar unha tarde e unha noite especial e diferente.

      Xogaron con Pablo, riron, fixéronse coxellas, contáronse cousiñas e coñecéronse un chisco máis e mellor, e cabe destacar que a nosa mascotiña voltou moi contenta e chea de historias. E logo dun día caluroso e intenso, cearon e marcharon durmir.

    Como non, encántannos as fotos e estamos moi agradecidos de que vivades e compartades esta bonita e especial experiencia con todos nós!

      See you very soon!


1- Miguel, Pablo & Robby

2- Tickletime

3- Dinnertime

4- Bedtime

17 de mayo de 2014

Visita de Carmen, mamá Gonzalo: Os volcáns

Ola!!!
A Clase das Águias traemos outra proposta moi interesante para todos e todas: Ao longo do segundo trimestre estivemos investigando sobre os volcáns. Se lembrades veu Santi, o profe dos maiores a falarnos das rochas volcánicas.
 Ao longo da nosa investigación descubrimos as partes do volcán e as súas funcións, as diversas formas que poden ter, os nomes dos volcáns máis coñecidos... a verdade é que non paramos!
E para nós non hai mellor xeito de rematar un proxecto que a visita dun pai ou nai. Desta volta  foi Carmen, a mamá de Gonzalo, a que nos trouxo unha idea abraiante: construir os nosos propios volcáns e ver en primeira fila a maxia dunha erupción volcánica!!!

Comezamos! ..... precisamos os seguintes materiais:
* bandexa de porexpán
* unha botella de plástico pequena (para realizar dentro o experimento)
* papel de aluminio - será o noso cono volcánico, a montaña que se vai formando co magma
* témperas de cor marrón para pintar o cono volcánico (opcional)

rocedemento: pegamos a botella á bandexa de porexpán, para que  non caia, e cando o volcán entre en erupción o magma non caerá na mesa.Logo cubrimos a botella co papel de aluminio xa pintado e enganchámolo na boca da botella para que non se mova.



Moi ben! Xa se achega a hora da verdade...Agora imos metendo na botella:

* Auga - 1/3 da botella
* 2 culleradas de bicarbonato
* 2 culleradas de colorante
* Un chorro de xabrón
* Un chorro abundante de vinagre

E... a remexer!!!

Visita Carmen Volcáns 4

Visita Carmen Volcáns 5
 
Mirade que cariñas...






Visita Carmen Volcáns 10 

Para rematar, despois de tantas emocións, Carmen leunos un conto coa colaboración de Tamara. Este momento serviunos para asentar os coñecementos que fomos adquirindo e para relaxarnos un pouquiño antes da saída, porque tiñamos moitas ganas de contar aos papás e mamás toooodo o que  fixeramos e, como non, amosar os nosos volcáns!


A verdade é que este proxecto nos motivou moitísimo ao longo de todo este tempo  e grazas a Carmen puidemos realizar este experimento taaan chulo e emocionante. Non cabe dúbida de que a mellor maneira de aprender é experimentar e... como non! DIVERTIRSE!!!

Animámosvos a todos e todas a realizalo xa que para nós foi unha experiencia inesquencíbel!

Moitas grazas  Carmen!!!

16 de mayo de 2014

Visita da mamá e do papá de Carlos


Os papás de Carlos, Ana e Julián, viñeron contarnos aos nenos e nenas de 1º EP como se fai un instrumento musical : o pau de choiva.
Necesitamos uns rulos de cartón que estiveran perforados  para poder meter uns escarvadentedes. Despois decorámolos e  pegamos unha tapa de cartón nun extemo. Unha vez feito isto metémoslle arroz e tapamos o outro extremo.



foto 4
foto 2
foto3
foto 5




Que bonitos nos quedaron!!


foto6

E para probar como soaban... bailamos a danza da chuvia!


foto 7


E, para rematar, un truco de maxia (Ana é experta neste tema xa o sabemos)!!  Ana fixo desaparecer un vaso, pero o mellor foi que o vaso aparaceu na estantería entre os libros, MAXIA!!!

foto8
foto 9
foto 10


Moitas grazas a Ana e Julián por facernos pasar unha tarde tan divertida.

15 de mayo de 2014

Contacontos en Campo Castelo

Olaaa!!!
mañá venres 16 de maio ás 18:00 e dentro das actividades que Galén organiza no "Mes da Cultura", poderedes gozar na compaña de Zampacontoz, da música e os contos na Plaza do Campo Castelo onde temos unha oficina de información do cole.
Animádevos e invitade a amigos, familia, veciños.....Será unha tarde chea de MAXIA!!!



cartel zampa ma ma maxia

14 de mayo de 2014

Visita Uxía e Ío

Ola a todos e todas!!!!

Fai uns días tivemos unha visita moi moi especial!.
Uxía e Ío a mamá e irmanciña de Lúa viñeron á clase das Bolboretas para que rematáramos a nosa investigación sobre o corpo.
Estivemos moitos días falando e facendo moitos traballiños sobre nenos, nenas, maiores, e bebés, incluso trouxemos algunha foto de cando nós eramos  bebés moi pequerrechiños.


Colaboración Uxía 3


Collage Uxía 6


Cando falabamos sobre os bebes tiñamos moitas dúbidas... así que Uxía axudounos a resolvelas,....
Gozamos moito de este ratiño con Ío, comprobamos que comía só leite que lle daba Uxía da teta, que aínda non sabía gatear, que non tiña dentes, e unha cousa moi curiosa... que os bebes teñen a cabeza máis blanda que a nosa.... e puidemos comprobalo!!!!

Colaboración Uxía 5


Colaboración Uxía 2


  E tamén puidemos axudarlle a cambiar o cueiro de Ío.


Colaboración Uxía 4


Agora todos e todas estamos preparados e preparadas para coidar dun bebé, JEJEJE
Foi unha tarde moi especial e moi divertida, os nenos e nenas da clase das Bolboretas pasámolo xenial e queremos darlle as grazas a Uxía e a Io porcompartila con nós.


Colaboración Uxía 1

Aos demais papás e mamás  esperámosvos en canto poidades e vos apeteza pasar un ratiño con nós. Xa sabedes que podedes facer o que máis vos guste!!!

Mil bicos... A clase das Bolboretas!