12 de febrero de 2014

Unha visita de altura

A semana pasada visitáronnos as xogadoras e entrenadores do equipo de baloncesto Ensino.

foto1

As nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. estivemos moi atentas e atentos, ao igual que o resto de Primaria, escoitando a presentación que fixo David de cada unha delas, e tamén poidemos preguntar aquelas curiosidades que tiñamos.

foto 2

Despois poidemos puxemos en  práctica a nosas habilidades co balón axudadas polas xogadoras e o entrenador.

foto 3
foto 4

Pasámolo moi ben!! Moitas grazas por esta visita tan tan especial!

7 de febrero de 2014

Día da Paz 2014

O xoves30 de xaneiro celebramos o Día da Paz en Galén. Participamos todo o centro dende Infantil a BAC.
 Este ano tivemos moi presente a un home, Nelson Mandela, que adicou a súa vida a procurar a paz. 
Todas e todos xuntos na entrada  do cole lembramos a vida e o legado que nos deixou o Premio Nóbel da Paz.

Os nenos e nenas de infantil despois do traballo de reflexión nas aulas, fixemos un mural con Nelson Mandela como personaxe principal ubicado nunha paisaxe de Sudáfrica na que descubrimos que non só hai sabana senón tamén grandes cidades, con grandes edificios e moito tráfico. E xunto a Mandela debuxamos nenos e nenas con diferentes características físicas (cor da pel, o pelo, altura etc...) mais todos e todas nenos e nenas cos mesmos dereitos e con moitas ganas de ser felices. 

Día da Paz Mandela mural EI 2 Día da Paz Mandela Mural EI 1 
As nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. escoitamos con moita atención ao alumnado  de 1º de BAC que nos contaron quen era Nelson Mandela. Para reflexionar sobre a paz e tratar de atoparlle un significado, buscamos palabras que nos achegaran a paz. Saíron moitas: alegría, natureza, amigos, arte, ; con elas elaboramos un mural que chamamos: " En clave de Paz",  combinamos as nosas verbas coas frases tan sabias ditas por Madiba.
Emma e Alejandra foron as encargadas de ler a nosa reflexión: "Cremos que as claves da paz están no cariño e respecto. Coidándonos e axudándonos conseguiremos sacar o mellor de cada un e cada unha". 

Día da Paz Mandela 1ºe 2ºEP mural
Día da Paz acto 2
paz 2

4 de febrero de 2014

Proxecto Os Volcáns. Visita de Santi


Na clase das Águias iniciamos un proxecto novo co inicio do trimestre e estamos a investigar sobre os volcáns, tema que nos apaixona e motiva.
 Coma sempre, comezamos o proxecto coa información que nós mesmos fomos traendo da casa: libros, debuxos, imaxes... e descubrimos moitas cousas novas sobre este fenómeno que é tan fascinante coma perigoso! Pero as mentes inquedas seguimos querendo máis e por iso acordamos convidar a  un experto na materia para que compartise con nós os seus coñecementos... o noso amigo Santi, xeólogo e profe de bioloxía e xeoloxía dos maiores.
Veu unha tarde e contounos  un montón de cousas sobre os volcáns, os  diferentes tipos que existen, como se producen e por que, as súas partes... algunhas cousas xa as sabiamos do noso primeiro traballo de busca e clasificación de información e... deixámolo abraiado cos nosos coñecementos sobre o tema!

Visita Santi proxecto volcáns 1


Tamén nos amosou os tesouros que se poden atopar na súa clase:  trouxo rochas volcánicas de varios tipos e falounos das súas carácterísticas e propiedades: porosidade, peso, tamaño...Encantounnos poder ademais tocalas e comprobar nós mesmos as súas cualidades. 


Visita Santi proxecto volcáns 2


Visita Santi proxecto volcáns 3

As Águias queremos darlle moitísimas grazas a Santi pola súa visita que nos resultou moi interesante, sorprendente (poder mirar as rochas foi xenial) e divertida!
 E seguide atentas e  atentos ao blog porque o noso proxecto segue en marcha e iremos compartindo con vós todo o que vaiamos descubrindo e algún que outro experimento!!!

2 de febrero de 2014

Aniversarios de Xaneiro


Comezamos o ano con moita ilusión e con moitas ganas de facer cousiñas e... como non, de seguir medrando. Aquí vos deixamos as fotos dos nenos que cumpliron neste mes de xaneiro!
Parabénsss!!!

Aniversarios Xaneiro '14
 

Nós tamén fomos ao Museo!

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fomos de visita ao Museo Provincial.
Recibiunos María e explicounos a actividade que nos tiñan preparada para coñecer as obras de arte que hai no museo. Primeiro dividímonos en grupos, cada un tiña unha foto da peza que tiñamos que buscar polas distintas salas, e unha vez que a atoparamos tiñamos que escribir unha historia sobre ela. 


foto 1-1

A nosa peza era unha escultura en bronce: “Lendo a carta do fillo”. Escribimos unha historia que coincidía moito coa que despois nos contou María. 
fillo-1

A nosa, era unha escultura moi, moi grande. Un San Francisco enorme cun lobo nas súas costas, e descubrimos a relación que tiña este santo cos animais. 
san francisco-1

A nosa peza estaba na cociña, era unha ola, pero das de antes. Ademais nesta sala había moitas pezas que nos eran familiares e de seguro que aínda máis para as nosas avoas e avós. 

cociña-1

O noso grupo tiña que buscar un reloxo, pero non dos que levamos nós...senón un reloxo de peto!
Foi complicado porque naquela vitrina había moitos. Descubrimos tamén un tren que lle encantou a Diego.

reloxo-1

diego


final


Pasámolo moi ben!! Moitas grazas María.